Galicia

O Concello de Pontevedra organiza unha nova edición do programa de dinamización lingüística Galegote Rock

A Concellería de Normalización presentou a segunda edición do Galegote Rock que se celebrará en abril na Sala Karma da cidade de Pontevedra.

Fonte: Concello de Pontevedra

Unha iniciativa lexislativa popular que solicita a incorporación do portugués ao ensino galego consegue 17 000 sinaturas

Seis meses despois da súa presentación, os promotores da Iniciativa Lexislativa Popular Valentín Paz Andrade presentan no Parlamento de Galicia as 17 000 sinaturas que permitirán comezar a súa tramitación parlamentaria. O proxecto propón que se incorpore de xeito progresivo o portugués no ensino galego, ademais de medidas que garantan a recepción de radios e televisións portuguesas en Galicia ou a participación de institucións e empresas galegas en foros económicos, culturais e deportivos da lusofonía.

Fonte: Culturagalega.org

A Real Academia Galega recorrerá a sentenza do Decreto para o plurilingüismo no ensino

Haberá recurso de casación da Real Academia Galega ante a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre o Decreto para o plurilingüismo no ensino.

Fonte: Culturagalega.org

Os concellos de Galicia terán un tradutor automático de galego antes do verán

A Xunta de Galicia facilitaralles aos concellos galegos un sistema de tradución automatizada directa e inversa do galego ao castelán e mais ao portugués, que lle permitirá á Administración local galega aumentar a calidade lingüística da súa documentación técnica e administrativa, webs e correos electrónicos, ademais de reforzar e consolidar a aplicación da toponimia oficial de Galicia.

Fonte: Galicia Hoxe

Valentín García participa na Coruña na conmemoración do 96.º aniversario do pasamento de Eduardo Pondal

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou nos actos conmemorativos do 96.º aniversario do pasamento do vate bergantiñán, organizados pola Fundación Eduardo Pondal en colaboración co Concello da Coruña.

Fonte: Xunta de Galicia

O Concello de Vigo organiza o maratón de actividades "Alumea a túa lingua!"

O Concello de Vigo, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, organiza o maratón de actividades "Alumea a túa lingua!", para conmemorar o 150 aniversario da publicación en Vigo dos Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.

Fonte: CTNL

A Universidade de Santiago de Compostela presenta un glosario trilingüe de termos sobre arquitectura de computadores

A Universidade de Santiago vén de editar un novo glosario trilingüe de termos, nesta ocasión sobre arquitectura de computadores. Con esta nova publicación, que reúne case 700 termos, preténdese ofrecer un material de referencia que facilite o emprego do galego nas actividades de ensino/aprendizaxe pero tamén nas divulgativas e aínda nas investigadoras.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Xa está aquí a versión en galego do xogo Apalabrados

Etermax, a empresa responsable de Apalabrados, vén de anunciar que nos vindeiros días estará dispoñible a versión en lingua galega deste popular xogo, con orixe no Scrabble. Ata o de agora era posible formar palabras en inglés, francés, español, portugués, alemán, holandés, catalán ou éuscaro.

Fonte: Praza Pública

A Universidade da Coruña dispón dun novo servizo de tradución con 14 pares de linguas

A Universidade da Coruña vén de poñer ao dispor da comunidade universitaria, vía intranet, un servizo de tradución automática que traballa con ata 14 pares de linguas.

Fonte: Universidade da Coruña

O Concello de Ourense súmase á Rede de Dinamización Lingüística

O grupo municipal do PP en Ourense «celebra» que o Goberno local tome o acordo de pedir a adhesión do Concello de Ourense á Rede de Dinamización Lingüística da Xunta, cun centenar de concellos galegos xa integrados.

Fonte: La Voz de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder