Galicia

Cultura e Educación convoca a segunda edición do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos!

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, convoca unha nova edición do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos! en colaboración coa Compañía de Radio-Televisión de Galicia (CRTVG) e con OQOeditora.

Fonte: Xunta de Galicia

A Universidade de Santiago ofrécelle á comunidade universitaria un tradutor en liña galego-español-inglés

A Universidade de Santiago de Compostela ofrécelle á comunidade universitaria o acceso a un tradutor en liña galego-español-inglés personalizado para o traballo no contorno universitario.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

O Concello de Xove leva a cabo unha campaña de dinamización lingüística para fomentar o uso do galego no deporte

O Concello de Xove, en colaboración coas entidades deportivas do municipio, está a desenvolver, desde o pasado mes de outubro de 2012, a campaña de dinamización lingüística "En galego enténdote, non cambies", deseñada para fomentar o uso do galego no ámbito do deporte e promover o mantemento do idioma entre a poboación galegofalante.

Fonte: Prolingua

Valentín García e Anxo Lorenzo participan na conmemoración do 178.º aniversario do nacemento de Eduardo Pondal

Os secretarios xerais de Política Lingüística e de Cultura, Valentín García e Anxo Lorenzo, respectivamente, participaron na celebración do 178.º aniversario do nacemento de Eduardo Pondal, na casa natal do bardo, en Ponteceso.

Fonte: Xunta de Galicia

O Concello de Betanzos convoca un concurso de receitas típicas de Entroido para promover o galego na gastronomía nestas festas

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos convoca, dentro do programa do Entroido 2013, un concurso de receitas típicas de Entroido para contribuír a promover a lingua galega na gastronomía durante estas festas.

Fonte: Xornal de Betanzos

A versión 4.0 de LibreOffice está tamén dispoñible en galego

O LibreOffice 4.0, paquete de ferramentas ofimáticas libre, tamén está dispoñible de balde en galego.

Fonte: Código Cero

Cultura e Educación impulsa a promoción do uso do galego nas entidades locais a través dunha nova convocatoria de axudas

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de publicar no Diario Oficial de Galicia a Orde do 5 de febreiro de 2013, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega.

Fonte: Xunta de Galicia

A asociación Trasno pon a disposición dos usuarios a contorna KDE SC 4.10 en galego

Segundo contan os membros da asociación Trasno, responsables da adaptación ao galego de moitas ferramentas, xa temos ao alcance da man a versión 4.10 do paquete da contorna libre KDE SC.

Fonte: Código Cero

Promoven o uso do galego a través da protección do medio natural

Un grupo de alumnos e profesores da Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Ferrol visitou o complexo industrial de Sogama en Cerceda no marco dun proxecto educativo no que participan quince docentes do centro, orientándoo a un milleiro de estudantes e as súas familias. O obxectivo non é outro que potenciar e expandir o uso do galego entre os membros da comunidade.

Fonte: Ecoticias

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades da Consellería de Cultura e Educación fai 20 anos

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH), dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación, fai 20 anos.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder