Galicia

Carballo incentiva a reflexión sobre a lingua galega coa novena edición do seu premio a artigos xornalísticos

O Concello de Carballo, desde o seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL) e en colaboración cunha ducia de medios de comunicación, convoca o IX Premio a artigos xornalísticos normalizadores, un certame xa consolidado que ten como obxectivos promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega, crear espazos nos xornais para analizar e fomentar o uso e prestixio do idioma galego e promover o seu uso na prensa.

Fonte: CTNL

O aeroporto do Porto fai publicidade en galego para atraer pasaxeiros de Galicia

O aeroporto de Sá Carneiro do Porto fai publicidade en lingua galega para atraer pasaxeiros. O 13 % dos seus pasaxeiros xa é de Galicia.

Fonte: Galicia Confidencial

Intelectuais e políticos pídenlle á Xunta de Galicia que non recorra a sentenza sobre o decreto do plurilingüismo

Cerca de 200 intelectuais, artistas, políticos e docentes asinaron o manifesto "Chamamento polo Galego", no que lle piden ao presidente da Xunta que non recorra as sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) sobre o decreto do galego.

Fonte: Faro de Vigo

Convócase unha nova edición dos galardóns á publicidade en galego

O Consello Asesor de RTVE en Galicia e mais a CRTVG veñen de convocar unha nova edición do Premio de Publicidade en Galego, a número 20.

Fonte: Código Cero

Os Premios Mestre Mateo galardoan o programa infantil Xabarín Club pola súa contribución ao respecto do galego

O Premio Mestre Mateo de Honra neste 2013 recaerá sobre o programa infantil Xabarín Club por "fomentar que os máis pequenos aprendan a querer e, sobre todo, a respectar" a lingua galega.

Fonte: Europa Press

O conselleiro de Cultura e Educación presenta en Vigo o volume XXIII dos Cadernos Ramón Piñeiro

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou o volume vixésimo terceiro da colección Cadernos Ramón Piñeiro, editado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH).

Fonte: Xunta de Galicia

Cultura e Educación convoca axudas para proxectos de fomento do uso do galego nos centros educativos de titularidade privada

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca un ano máis as subvencións para proxectos de fomento do uso do galego elaborados polos equipos de dinamización da lingua galega de centros educativos de titularidade privada.

Fonte: Xunta de Galicia

A exposición ‘Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de memorias dun neno labrego’ fai parada en Negreira

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou na Casa da Cultura de Negreira a mostra “Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de Memorias dun neno labrego”.

Fonte: Xunta de Galicia

O Instituto de Ensino Secundario da Pobra do Caramiñal lanza a campaña de dinamización lingüística "21 días co galego"

A iniciativa "21 días co galego" nace para conseguir unha mellor competencia nesta lingua e unha maior conciencia lingüística a través de diferentes actividades.

Fonte: Gavieira

A Rede de Dinamización Lingüística festexa o Día Internacional da Lingua Materna

Despois de que o fixese a Xunta de Galicia desde o ano 2010, a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) súmase por vez primeira á celebración do Día Internacional da Lingua Materna, instituído pola UNESCO en 1999 para promover a transmisión interxeracional das linguas non maioritarias e, deste xeito, salvagardar a diversidade lingüística mundial.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder