Galicia

Trinta comercios locais de Pontevedra asinan o seu compromiso coa lingua galega

Trátase dunha iniciativa incluída dentro do programa Proba en Galego, unha campaña da Concellería de Normalización Lingüística para dinamizar o uso do galego na pequena empresa e no comercio locais, un labor continuo deste departamento dende o ano 2006.

Fonte: Concello de Pontevedra

Culturactiva SCG pon en marcha o proxecto "Verbena galega" co obxectivo galeguizar as festas

"Verbena galega" é un proxecto de Culturactiva SCG para "galeguizar" as festas. Trátase dunha revisión do que é actualmente o concepto de verbena tratando de reinventalo e de actualizalo.

Fonte: Praza Pública

Documentos antigos de Baiona proban que o “ñ” e o “ll” foron utilizados dende a Idade Media na escritura galega

Unha pescuda documental do especialista Xulián Maure Rivas proba que as letras "ñ" e "ll" son patrimonio da grafía galega desde a Idade Media.

Fonte: ValMiñor.info

O grupo coruñés do BNG denuncia que o 010 xa non atende de modo inicial en galego

A supresión da comunicación inicial en lingua galega do servizo de atención telefónica 010 leva ao grupo municipal do BNG a denunciar o incumprimento da normativa sobre normalización lingüística.

Fonte: La Opinión

Cultura e Educación e mais o Consello da Cultura Galega conmemorarán en 2013 os 50 anos do proceso de normalización lingüística

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Ramón Villares Paz, asinaron un protocolo de colaboración para desenvolver un programa de actuacións dirixidas a promover e fomentar o uso da lingua galega en todos os ámbitos sociais.

Fonte: Xunta de Galicia

Cultura e Educación e Repsol renovan a súa colaboración a través da edición 2013 do Premio de Narrativa Breve

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e mais o vicepresidente da Fundación Repsol, César Gallo Erena, asinaron un acordo de colaboración en materia de dinamización lingüística, coa finalidade de darlle apoio á literatura en lingua galega por medio do Premio Narrativa Breve Repsol.

Fonte: Xunta de Galicia

Impulsan un manifesto en defensa das editoras en galego

Está circulando pola rede un manifesto en defensa das editoras en galego impulsado por Héitor Picallo, que recolle sinaturas de apoio. O texto lembra o peche recente d'A Nosa Terra e alerta sobre novas desaparicións de selos históricos.

Fonte: Praza Pública

Cultura e Educación apoia o labor da Asociación de Escritores en Lingua Galega a prol da dinamización lingüística

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria impulsa a dinamización da lingua e da cultura galegas co seu apoio á Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG).

Fonte: Xunta de Galicia

Chega a Melide a mostra ‘Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de Memorias dun neno labrego’

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou en Melide a mostra “Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de Memorias dun neno labrego”.

Fonte: Xunta de Galicia

Valentín García presenta o curso preparatorio do Celga 3 en Santiago de Compostela

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou o curso preparatorio das probas do Celga 3 que organiza a Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración co Concello compostelán.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder