Galicia

A Universidade de Santiago de Compostela convoca unha nova edición dos Premios á calidade lingüística

A Universidade de Santiago convoca unha nova edición dos Premios á calidade lingüística, para o fomento do uso do galego entre o alumnado ligado ao espallamento da cultura da calidade.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Unha xornalista sueca mostrará nun programa de televisión a cooficialidade de linguas en Galicia

A redactora Kerstin Gustafsson Figueroa e o cámara de UR-Utbidningsradion Anders Kronborg levan dez días en España recollendo testemuños e imaxes en Cataluña, País Vasco e Galicia para elaborar unha reportaxe sobre a convivencia de máis dunha lingua oficial.

Fonte: La Voz de Galicia

O proxecto sobre toponimia "Chamámonos así" rexistra máis de 5000 topónimos en só cinco parroquias de Pontevedra

A riquísima toponimia galega ten un excelente exemplo da súa variedade única no mundo no rural de Pontevedra, onde o proxecto "Chamámonos así" rexistrou máis de 5000 entradas en tan só cinco parroquias. Tamén se rexistran 1311 núcleos de poboación e 386 fontes.

Fonte: Faro de Vigo

Cultura e Educación presenta en Cee ‘Espello deportivo’, co que a Rede de Dinamización está a impulsar o galego no deporte

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou no Concello de Cee o programa de dinamización lingüística “Espello Deportivo”.

Fonte: Xunta de Galicia

Cultura e Educación e mais a Universidade da Coruña ratifican a súa colaboración en prol da dinamización lingüística

O titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e mais o reitor da Universidade da Coruña (UDC), Xosé Luís Armesto Barbeito, veñen de ratificar a colaboración das dúas entidades en prol da dinamización lingüística desde o ámbito universitario.

Fonte: Xunta de Galicia

A Consellería de Cultura e Educación participa na apertura dos XV Encontros para a Normalización Lingüística

O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García, participou na apertura dos Encontros para a Normalización Lingüística, que este ano chegan á súa XV edición centrados na análise e no debate arredor dos 30 anos de vixencia da Lei de normalización lingüística de Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

Un proxecto da Universidade de Vigo busca traducir ao maior número de idiomas dous coñecidos poemas de Rosalía de Castro

Traducir ao máximo de linguas posibles dous dos poemas máis coñecidos de Cantares Gallegos, "Airiños, airiños, aires" e "Adios ríos, adiós fontes", é o obxectivo do proxecto Rosalía é Mundial, unha iniciativa impulsada pola Universidade de Vigo e a Fundación Rosalía de Castro na que están a colaborar arredor de 40 tradutores de todo o mundo.

Fonte: Universidade de Vigo

A Mesa pola Normalización Lingüística demanda unha presenza real do galego na UNED

A Mesa pola Normalización Lingüística vén de denunciar os innumerables atrancos que no día a día sofre o galego na UNED e amosou o seu apoio ao estudantado que reclama unha presenza real da lingua galega nesta universidade pública.

Fonte: Crónica 3

Cultura e Educación e mais a Universidade de Vigo colaborarán un ano máis na promoción da lingua galega

Xesús Vázquez Abad, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e mais Salustiano Mato de la Iglesia, reitor da Universidade de Vigo, asinaron un convenio de colaboración entre as dúas entidades que representan co fin de darlles continuidade ás accións a prol do galego que se veñen desenvolvendo nos últimos anos na institución viguesa.

Fonte: Xunta de Galicia

Alonso Montero será o novo presidente da Real Academia Galega

Xesús Alonso Montero xa é o novo presidente da Real Academia Galega (RAG). O catedrático vigués foi elixido polo plenario da centenaria institución, que tivo que por primeira vez decidirse entre dúas candidaturas, a encabezada polo gañador e a que lideraba o xa ex-tesoureiro Manuel González.

Fonte: Praza Pública

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder