Galicia

O BNG propón garantir o 50 % das clases en galego

O BNG presentou unha Proposición de lei de normalización de usos sociais e públicos da lingua galega co obxectivo de completar o desenvolvemento dos preceptos recollidos do Estatuto de Autonomía e anovar e reformar a Lei de normalización lingüística de 1983. A proposición recolle numerosas propostas que buscan asentar o uso do galego por parte das administracións públicas, o ensino, a xustiza ou os medios de comunicación.

Fonte: Praza Pública

Cultura e Educación lanza con Vegalsa-Eroski a campaña conmemorativa das Letras Galegas 2013

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e mais a compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski reafirman o compromiso común pola promoción da lingua e a cultura propias de Galicia, co lanzamento dunha nova campaña conmemorativa implementada en todos os establecementos que integran a rede comercial da empresa con motivo das Letras Galegas 2013.

Fonte: Xunta de Galicia

‘Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de Memorias dun neno labrego’ abre a semana grande das Letras Galegas en Outes

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora co Concello de Outes na programación conmemorativa da semana grande das Letras Galegas a través da mostra “Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de Memorias dun neno labrego”.

Fonte: Xunta de Galicia

A Xunta apoia 11 proxectos de concellos e entes da provincia de Lugo para a promoción da lingua galega

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, apoia economicamente 11 proxectos presentados por concellos e entes da provincia de Lugo para a promoción da lingua galega nas institucións locais.

Fonte: Xunta de Galicia

Carrefour exclúe o galego da publicidade, a comunicación e os tíckets da compra

A Mesa pola Normalización Lingüística vén de lle trasladar á cadea de supermercados Carrefour a queixa d@s consumidor@s de lugares como A Coruña, Ourense, Vilagarcía, Sanxenxo ou Compostela pola atención que se brinda en castelán, éuscaro e catalán, mais non en galego.

Fonte: Sermos Galiza

Entréganse os Premios de Publicidade en Galego

Os consellos asesores de RTVE en Galicia e da CRTVG entregaron os XX Premios de Publicidade en Galego, que teñen como obxectivo recoñecer o traballo realizado a prol da normalización lingüística por parte de empresas e entidades que se publicitan nos medios de comunicación.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O CEIP A.D.R. Castelao de Rianxo recibe o galardón do ‘Concurso-exposición Letras Galegas 2013. Roberto Vidal Bolaño’

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, en representación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, fíxolle entrega do premio convocado no marco do “Concurso-Exposición Letras Galegas 2013. Roberto Vidal Bolaño” ao CEIP Alfonso Daniel Rodríguez Castelao de Rianxo.

Fonte: Xunta de Galicia

A Universidade de Vigo convoca axudas á investigación en lingua galega

A colaboración entre a Universidade de Vigo e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria fai posible un ano máis a convocatoria de axudas á investigación en lingua galega para promover o uso do idioma propio nas actividades de formación e de investigación recollidas no Plan de política lingüística da institución académica.

Fonte: Universidade de Vigo

Nace unha nova asociación para defender o galego nos medios de comunicación

A Asociación de Medios en Galego xorde con once medios en papel, electrónicos ou radiofónicos para garantir a pervivencia do idioma e procurar vías de financiamento que garantan o sustento dos medios en galego.

Fonte: Galicia Confidencial

O proxecto Bababum propón actividades e música en lingua galega para as vacacións

Un caderno didáctico con actividades para vacacións dirixido aos máis novos da casa en galego, castelán e inglés. Segundo explican os promotores, a intención desta iniciativa é propor actividades que pais e fillos poidan desenvolver en conxunto.

Fonte: Culturagalega.org

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder