Galicia

Os vocabularios técnicos da Universidade de Santiago difundiranse en licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual

Os 24 repertorios editados polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela dende 1993 ata a actualidade pasarán de estar acollidos á fórmula do copyright a difundirse baixo a licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual (CC-BY-SA 3.0). Este conxunto de glosarios e vocabularios técnicos supoñen a colección terminolóxica máis ampla dispoñible para o idioma galego.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Cultura e Educación apoia a publicación do traballo gañador do V Certame de investigación en galego Condado de Pallares

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do traballo de Federico Vázquez de la Fuente “As bandas de música no concello lucense de Guntín”, gañador da V edición do Certame Condado de Pallares.

Fonte: Xunta de Galicia

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que Facebook e Bing seguen a teimar no emprego de topónimos galegos deturpados

Malia todo o que se ten avanzado e todo o que se ten loitado, os principais servizos da rede seguen a manexar topónimos galegos deturpados.

Fonte: Código Cero

Cultura e Educación leva ‘Espello Deportivo’ a Santiago para fomentar o uso do galego no deporte

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, en nome da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, presentou en Santiago o exitoso programa de dinamización lingüística “Espello Deportivo”.

Fonte: Xunta de Galicia

O Valedor do Pobo estudará diversas iniciativas para que o Concello da Coruña utilice o galego

O Valedor do Pobo en funcións, José Julio Fernández, estudará diversas iniciativas para que o Concello da Coruña utilice o idioma galego como lingua oficial. Este compromiso prodúcese despois da reunión mantida co presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón.

Fonte: ABC

A formación política Anova esíxelle ao Goberno local de Redondela o cumprimento da ordenanza sobre o uso da lingua galega

A formación política Anova Irmandade Nacionalista de Redondela presentou unha queixa no rexistro do Concello para exixir o cumprimento da ordenanza municipal sobre o uso da lingua galega.

Fonte: Faro de Vigo

Cultura e Educación homenaxea a Roberto Vidal Bolaño cun novo volume dos ‘Cadernos Ramón Piñeiro’

O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García, presentou o volume XXV dos “Cadernos Ramón Piñeiro”, co que o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) lle rende tributo ao escritor homenaxeado con motivo das Letras Galegas 2013.

Fonte: Xunta de Galicia

O Concello de Marín convoca un novo certame literario para potenciar o uso da lingua galega na escritura

O Concello de Marín convoca un novo certame literario na modalidade de narración chamado 'No verán: refréscate cos libros' para potenciar o uso da lingua galega na escritura.

Fonte: Diario de Pontevedra

O BNG denuncia que o Concello do Barco de Valdeorras incumpre "reiteradamente" a normativa en materia lingüística

O BNG denuncia que o Concello do Barco de Valdeorras "incumpre reiteradamente" a lei en materia lingüística. No Consistorio poucos funcionarios atenden os veciños en galego, a Policía Local emite as súas notas en castelán e os folletos turísticos incluso non son respectuosos coa toponimia.

Fonte: Valdeorras Dixital

O comercio de Ponteareas anima a utilizar o galego

Os comercios de Ponteareas xa contan coas etiquetas de regalo "Desexo que che guste", coas que se pretende animar a todos os comerciantes a empregar o galego na súa relación coa clientela.

Fonte: Faro de Vigo

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder