Galicia

A mocidade de Silleda avalía a súa paisaxe lingüística

O Equipo de Normalización Lingüística do IES Pintor Colmeiro, de Silleda, presenta os resultados do seu estudo "A paisaxe lingüística de Silleda. Bases para a normalización do contorno".

Fonte: Consello de Cultura Galega

A Xunta de Galicia engade a categoría de Lingua aos Premios da Cultura Galega

A Xunta decidiu crear unha nova categoría nos Premios da Cultura Galega dedicada á lingua, que recoñecerá o traballo a prol da extensión do uso do galego, para o que se valorará o desenvolvemento de obras e de iniciativas destinadas a afianzar a súa utilización e a súa valoración social.

Fonte: ABC

O conselleiro de Economía valora o traballo da Fundación Galicia Empresa pola promoción do galego no sector empresarial

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, valorou o traballo desenvolvido pola Fundación Galicia Empresa pola "promoción, vertebración e divulgación da empresa galega como entidade específica" grazas á súa promoción do uso do galego.

Fonte: ABC

O catálogo da Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela xa se pode consultar en galego

A Biblioteca Universitaria acaba de actualizar o seu portal en internet con melloras orientadas ás persoas usuarias. A mudanza máis fonda e de maior envergadura ten que ver coa normalización lingüística, xa que agora no Catálogo Iacobus poden facerse as buscas de libros por tema en lingua galega.

Fonte: O Cartafol

A Xunta celebra a decisión da RAG e prepara a homenaxe que Galicia lle vai render a Díaz Castro co gallo do Día das Letras

A Xunta de Galicia celebrou a decisión da Real academia Galega (RAG) de dedicar o Día das Letras 2014 a Xosé María Díaz Castro, e traballa xa na homenaxe que todas as galegas e galegos lle van render ao poeta guitiricense o vindeiro ano.

Fonte: Xunta de Galicia

O novo dicionario electrónico da Real Academia Galega supera as 50 000 entradas

A Real Academia Galega (RAG) conta cun novo dicionario inserido no Portal das Palabras, presentado recentemente en colaboración coa Fundación Barrié. En realidade, a nova ferramenta que ofrece a Academia é o centro deste portal no que se pode coñecer mellor o uso das palabras, a súa historia e mesmo xogar con elas.

Fonte: La Voz de Galicia

Vázquez Abad visita na Biblioteca Central de Ferrol a mostra 'Colección da Prensa galega. Unha cita coa historia de Galicia'

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou a Colección da Prensa Galega do Centro Ramón Piñeiro (1885-1965). Unha mostra que recolle máis de cincuenta edicións facsimilares e outros materiais orixinais que o titular de Cultura cualificou como “unha cita coa historia de Galicia”.

Fonte: Xunta de Galicia

‘Peter Punk’ e ‘Rosalía Pequeniña’ chegan á Estrada e a Melón da man de Cultura e Educación

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria segue a desenvolver a programación de actividades de dinamización lingüística con “FalaRedes 2013” nas localidades pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

O dominio .gal poderase usar a partir de comezos de 2014

A ICANN (Corporación de Internet para a Asignación de Nomes e Números), organismo que goberna a rede, aprobou o dominio para a lingua e cultura galegas, o .gal, que está previsto que se poida comezar a utilizar xa a comezos de 2014 en sitios web que usen o galego.

Fonte: Ctnl

Vázquez Abad salienta o traballo da Fundación Lois Peña Novo para que o galego sexa lingua de uso cotián en todos os ámbitos

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presidiu no Castelo de Soutomaior a entrega dos XIX premios Lois Peña Novo que recoñecen o traballo a prol da lingua galega. Neste acto, ao que tamén asistiu o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o conselleiro salientou o traballo da Fundación Lois Peña Novo para a normalización da lingua propia.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder