Galicia
O galego estivo presente no xuízo do Prestige grazas aos letrados da Irmandade Xurídica Galega
A lingua galega estivo presente no macroxuízo polo desastre ecolóxico do Prestige grazas a cinco letrados da Irmandade Xurídica Galega que fixeron uso dela: a avogada Consuelo Castro, o avogado da causa de Nunca Máis, Pedro Trepat e tres letrados máis: Xosé Avelino Ochoa, Alejandro Martín e Miguel A. Fernández. Todos eles compartían unha insignia na súa toga, na que se representa un dolmen, o símbolo da Irmandade Xurídica Galega.
Fonte: Praza Pública
Cultura e Educación leva "Peter Punk" a Moaña e a Foz para dinamizar o galego nas festas locais
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria segue a despregar iniciativas de dinamización social do galego en colaboración cos concellos que integran a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia. “Peter Punk”, incluída na programación anual da RDL para este ano, chegará durante a fin de semana aos concellos de Foz e Moaña, para dinamizar o idioma propio de Galicia no marco das súas festas estivais.
Fonte: Xunta de Galicia
A Deputación da Coruña exclúe o galego dunha campaña de sensibilización medioambiental
A Deputación da Coruña vén de excluír o galego máis unha vez nas campañas que se emprenden desde esta institución. Desta volta fíxoo nunha campaña de sensibilización ligada ao proxecto 'Mandeo', pola recuperación e a posta en valor e o desenvolvemento sostible deste río que nace en Sobrado e desemboca na ría de Betanzos.
Fonte: Sermos Galiza
"Peter Punk" en Fene, Arzúa, Marín, Bueu e Xinzo de Limia para achegarlle a lingua á mocidade durante as festas estivais
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa a fornecer de actividades de promoción social do galego aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia. En concreto, e durante esta semana, o espectáculo Peter Punk chegará aos municipios de Fene, Arzúa, Marín, Bueu e Xinzo de Limia para ampliar a presenza da lingua galega nas festas locais e dinamizar o seu uso entre a veciñanza máis nova.
Fonte: [nome da fonte]
Cultura e Educación completa as prazas dos lectorados de galego cunha convocatoria para Alemaña, Portugal, Croacia e Brasil
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocou cinco novas prazas en lectorados de lingua e cultura galegas que se veñen sumar ás oito que saíron o mes pasado en universidades de España, Alemaña, Reino Unido e Polonia. Desta volta, o destino dos novos bolseiros será a Universidade de Berlín, en Alemaña; a Universidade Nova de Lisboa, en Portugal; a Universidade de Zádar, en Croacia e as universidades de Río de Xaneiro e de São Paulo, no Brasil.
Fonte: Xunta de Galicia
Cultura e Educación participa na homenaxe a Rosalía de Castro con motivo do 128.º aniversario do pasamento da escritora
Un acto poético e musical serviu de marco para lembrar a Rosalía de Castro no día en que se cumpren 128 anos do seu pasamento. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada nos seus secretarios xerais de Cultura e de Política Lingüística, Anxo Lorenzo e Valentín García, respectivamente, participou nesta homenaxe á escritora promovida pola fundación que leva o seu nome e que tivo lugar na Casa da Matanza, en Padrón, onde Rosalía de Castro pasou os últimos anos da súa vida.
Fonte: Xunta de Galicia
"Augalingua" e "Rosalía Pequeniña" continúan a súa xira polos concellos da Rede de Dinamización Lingüística
Estas dúas actividades de FalaRedes levarán as xincanas lingüísticas e a poesía rosaliana cantada por Uxía ás localidades de Miño, A Pontenova, Ribas de Sil, Parada de Sil, O Barco de Valdeorras e A Veiga.
Fonte: Xunta de Galicia
Cultura e Educación inaugura o IX curso de verán "Traballando en lingua"
O secretario xeral de Política Lingüística representou a Consellería no acto de apertura deste curso no que se dan cita preto de corenta técnicos/as de normalización lingüística.
Fonte: Xunta de Galicia
Os Cadernos Ramón Piñeiro presentan a súa homenaxe a Rosalía de Castro no 150.º aniversario de "Cantares gallegos"
O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García, presentou na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela o volume número XXVI dos Cadernos Ramón Piñeiro, unha homenaxe á autora dos “Cantares gallegos” no 150.º aniversario da súa publicación.
Fonte: Xunta de Galicia
A Mancomunidade de Ordes ofrece un curso básico de lingua galega a persoas de fóra de Galicia
O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes organiza un curso básico de lingua galega destinado principalmente a persoas de fóra de Galicia residentes nesta comarca que desexen adquirir unhas nocións básicas do idioma propio.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín