Galicia

O PPdeG insta a Xunta a impulsar o consumo de produtos autóctonos e promover a etiquetaxe en galego

O Grupo Popular de Galicia instou a Xunta a impulsar o consumo de produtos galegos e promover os que estean etiquetados e comercializados en lingua galega.

Fonte: Europa Press

EU-Os Verdes denuncia que o Goberno local da Coruña só se expresa en castelán

O voceiro do grupo municipal de Esquerda Unida-Os Verdes, César Santiso, denuncia que o Goberno municipal utiliza o castelán como "vehículo habitual de expresión oral e escrita".

Fonte: La Opinión

O Concello de Zas levará a cabo actividades de dinamización lingüística durante a celebración da súa Semana Cultural

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Zas está a difundir as actividades de dinamización lingüística que se desenvolverán, en colaboración coa Rede de Dinamización Lingüística, no marco da Semana Cultural do Concello de Zas, que terá lugar entre os días 28 de xullo e 4 de agosto de 2013.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Deputación da Coruña a insta un funcionario a non utilizar o galego no seu traballo escrito

A Deputación da Coruña deu instrucións a un funcionario para que non utilice o galego no seu traballo escrito no rexistro xeral desta institución.

Fonte: Cadena Ser

Case un cento de estudantado foráneo participou nos cursos de verán de lingua galega para persoas estranxeiras

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, clausurou os cursos de verán de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras que se desenvolveron nas cidades da Coruña e de Santiago de Compostela.

Fonte: Xunta de Galicia

A asociación Trasno anuncia novas versións en galego de OpenOffice e LibreOffice

Os membros do Proxecto Trasno anunciaron a tradución de novos programas abertos nacionais e internacionais ao galego: por unha banda a nova versión de Apache Apache OpenOffice e, pola outra, a máis recente entrega de Libreoffice.

Fonte: Código Cero

Un proxecto galego para aprender linguas por internet gaña seguidores en Europa

A plataforma para iniciarse en inglés, español, portugués ou romanés, financiada pola UE, naceu en Galicia e recibe 300 000 visitas ao ano.

Fonte: Faro de Vigo

A Real Academia Galega quere poñer en marcha un dicionario de autoridades en 2014

O presidente da Xunta e o da Real Academia Galega (RAG) mantiveron a primeira reunión formal tras a elección do novo responsable da RAG. Alberto Núñez Feijoo e Xesús Alonso Montero falaron dos proxectos da Academia para este ano e tamén do financiamento da institución.

Fonte: La Voz de Galicia

A mellora da sinalización dignifica a toponimia camariñá

Nestes días o Concello de Camariñas está a rematar a instalación da sinalética para lugares e aldeas do municipio. É importante o feito de que lugares afastados e pouco coñecidos sexan tamén sinalizados, servindo ao tempo de revalorización da toponimia local.

Fonte: Que Pasa na Costa

Android recibe un xogo de sopas de letras en galego

Google Play conta cunha nova aplicación chamada Sopas Galegas, que non é máis que un sinxelo xogo de sopas de letras para galegofalantes, con máis de 400 palabras seleccionadas do galego en dez categorías diferentes e sobre as que se pode picar para consultar o seu significado en Google, a Wikipedia ou o dicionario da Real Academia Galega.

Fonte: Código Cero

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder