Galicia

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua presenta os proxectos do Viveiro de propostas normalizadoras 2013

Despois da xuntanza do Viveiro de propostas normalizadoras que tivo lugar o 29 de maio, publícanse os nove proxectos presentados, para que todas as persoas interesadas en colaborar con algún deles poidan facelo.

Fonte: CTNL

Nace unha nova televisión en liña en galego

Unha nova televisión "nacionalista, soberanista e de esquerdas" que utiliza o galego como lingua vehicular. Esa é a proposta de Irmandade TV, unha nova televisión galega en liña que nace coa vocación de incorporar á súa grella "novos formatos e contidos".

Fonte: Galicia Confidencial

A Real Academia Galega presenta unha nova versión do seu dicionario en liña

Esta nova versión do Dicionario da Real Academia Galega contén un buscador de sinónimos con exemplos de uso, unha listaxe de termos relacionados coa palabra buscada e a posibilidade de facer procuras avanzadas por lema e contido.

Fonte: Real Academia Galega

A Consellería de Cultura e Educación apoia o libro galego cunha convocatoria de axudas para a tradución de 200 000 euros

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria reforza o seu apoio ao libro galego cunha nova convocatoria de axudas á tradución, por importe de 200 000 euros.

Fonte: Xunta de Galicia

O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense anula unha multa por estar o sinal só en galego

O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense anulou unha multa que a Policía Local impuxo a unha condutora por aparcar en zona de carga e descarga na que o sinal dos horarios "só estaba en galego".

Fonte: Galicia Confidencial

Cultura e Educación participa na presentación de dous vocabularios galego-italiano de hostalería e gastronomía editados pola USC

O secretario xeral de Política Lingüística da Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García Gómez, participou na rolda de prensa de presentación de dous novos recursos terminolóxicos orientados a facilitar o uso do galego no sector do turismo e da restauración. Trátase do Vocabulario Galego-Italiano: Hostalería (aloxamento, restauración, economía, lecer, viaxe) e mais o Vocabulario Galego-Italiano: Gastronomía, ambos os dous editados pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Fonte: Xunta de Galicia

Cultura e Educación clausura en Pontedeume a mostra "Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de 'Memorias dun neno labrego'"

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, en nome da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, clausurou en Pontedeume a mostra “Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de 'Memorias dun neno labrego'”.

Fonte: Xunta de Galicia

A Real Academia Galega e a Fundación Barrié presentan o Portal das Palabras

Este novo espazo dixital, desenvolto conxuntamente pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié, ten como obxectivo contribuír ao coñecemento e difusión dos recursos léxicos creados pola Academia entre a comunidade escolar.

Fonte: RAG

Conclúe ‘Espello Deportivo’, que Cultura e Educación levou con grande éxito a 35 concellos da Rede de Dinamización Lingüística

O programa de dinamización lingüística no eido deportivo promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, “Espello Deportivo” chega ao seu fin en Vilagarcía de Arousa.

Fonte: Xunta de Galicia

A Mesa pola Normalización Lingüística pide que os sinais do contorno da Veracruz, no Carballiño, estean en galego

A Mesa pola Normalización Lingüística O Carballiño / Ribeiro presentou un escrito no Rexistro do Concello do Carballiño no que pide substituír os sinais e carteis colocados recentemente no contorno da Veracruz por outros redactados en lingua galega.

Fonte: Faro de Vigo

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder