Galicia

Cultura e Educación apoia a difusión da cultura e dos cantos tradicionais en galego entre o público máis novo en Noia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do musical infantil ‘A Banda do Berberecho’, unha iniciativa subvencionada polo departamento autonómico e que ten como obxectivo promover entre o público máis pequeno a cultura e os cantares máis tradicionais da nosa terra e na nosa lingua.

Fonte: Xunta de Galicia

O novo circo en lingua galega e a poesía rosaliana cantada chegan a Ponteareas, A Laracha, Marín e Ribadavia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa a desenvolver a súa programación de actividades de dinamización lingüística nos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

A Consellería de Cultura e Educación acompaña a Xosé Neira Vilas no seu nomeamento como Arraiano Maior 2013

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de nomeamento de Xosé Neira Vilas como Arraiano Maior 2013.

Fonte: Xunta de Galicia

Cultura e Educación leva ‘Rosalía Pequeniña’ a Tui, Cuntis e Brión

A música e a poesía do concerto musical familiar “Rosalía Pequeniña”, impulsado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, continúan o seu periplo polos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia. A iniciativa, que pretende dinamizar o idioma por medio da poesía cantada e achegarlle os poemas máis coñecidos da gran poetisa do Rexurdimento galego á xente miúda da casa, chegará agora aos concellos de Tui, Cuntis e Brión.

Fonte: Xunta de Galicia

Piden que Apple incorpore o galego como opción de idioma

Acaba de lanzarse unha petición en liña para solicitar á empresa Apple que os seus sistemas operativos inclúan o galego como opción de idioma. A solicitude, vía change.org, está dirixida a Tim Cook, a quen lle demanda que "Apple incorpore aos seus sistemas operativos unha opción de configuración lingüística en galego para facilitar a súa utilización á comunidade lingüística que utiliza a diario esta lingua".

Fonte: Praza Pública

Preséntanse as actividades coas que se conmemorará o XXV aniversario do Premio de Novela Manuel García Barros

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello da Estrada presentaron nunha rolda de prensa o programa de actividades para conmemorar o XXV aniversario do Premio de Novela Manuel García Barros.

Fonte: Xunta de Galicia

A Xunta contrata tan só un auxiliar de portugués para o curso 2013-2014

A pesar da Iniciativa Lexislativa Popular para a recuperación dos lazos co mundo lusófono aprobada por todos os grupos para impulsar o ensino do portugués, a Xunta contrata para o vindeiro curso só un auxiliar desta lingua, fronte aos 341 de inglés.

Fonte: Galicia Confidencial

A localidade pontevedresa de Lalín ofrecerá clases de chinés a partir do outono

Lalín é un dos municipios galegos que, en breve, ofertará clases de chinés. As autoridades locais aspiran a que os veciños da localidade aprendan o idioma máis falado do mundo cunhas clases que comezarán a principios de outubro na aula Cemit do auditorio municipal.

Fonte: Faro de Vigo

A campaña ‘Gústame o galego’ chega á Universidade de Santiago de Compostela

Esta iniciativa, que ao longo de catro días se achegará aos universitarios de Santiago e Lugo, é unha campaña xeral de fomento da lingua coa que se visibiliza o apoio individual de persoas ao proceso de normalización lingüística a través de fotografías con frases suxestivas sobre o uso do galego en diversos ámbitos e situacións cotiás.

Fonte: USC

A Axencia Galega das Industrias Culturais convoca axudas para o audiovisual en lingua galega

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) publica dúas liñas de axudas dirixidas ao ámbito do audiovisual galego, unha delas destinada a apoiar as producións ou coproducións audiovisuais neste idioma e outra para subvencionar o desenvolvemento de proxectos audiovisuais en lingua galega.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder