Galicia
A Universidade da Coruña convoca os premios para o uso do galego nos eidos de socioloxía e comunicación
As comisións de normalización lingüística das facultades de Socioloxía e CC. da Comunicación da Universidade da Coruña, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística, comezan o curso presentando novas accións para dinamizar o uso do galego entre o seu alumnado.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Preséntase na Coruña un sistema que permite a persoas xordas realizar videoconferencias
O Servizo de Axente de Recursos Sociais permitiralles ás persoas xordas realizar consultas de temáticas social, laboral ou educativa sen ter que efectuar desprazamentos innecesarios. Os usuarios serán atendidos por un experto en lingua de signos que lles ofrecerá orientación e asesoramento.
Fonte: La Opinión
Uns 72 200 estudantes galegos contarán cun ensino plurilingüe grazas ao Plan de potenciación das linguas estranxeiras da Xunta
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria chegará este curso 2013/14 a máis de 72 200 alumnas e alumnos –un 31,2 % máis que no curso 2012/13- a través do Plan de potenciación das linguas estranxeiras.
Fonte: Xunta de Galicia
O proxecto Coruña Linguas oferta 2235 prazas para aprender idiomas en Primaria e Secundaria
O Concello coruñés fixo pública a oferta que pon este ano a disposición dos alumnos de Primaria e Secundaria para aprender idiomas. Farao a través dun proxecto denominado Coruña Linguas e as prazas que se convocan son 2235.
Fonte: El Ideal Gallego
A Mesa pola Normalización Lingüística leva o premio Ramón Piñeiro
O XII Premio Ramón Piñeiro Facer País, que outorga unha quincena de asociacións culturais das comarcas de Sarria, Láncara e O Corgo, foi para A Mesa pola Normalización Lingüística.
Fonte: Culturagalega.org
Renfe quere que os maquinistas que fan o traxecto Vigo-Porto aprendan portugués
Os maquinistas de Renfe van recibir formación en lingua portuguesa e normas do país veciño para poder operar en todo o traxecto do tren directo entre Vigo e Porto.
Fonte: SOL
O premio de Narrativa Breve Repsol, que conta co apoio de Cultura e Educación, recae en Berta Dávila
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na Coruña na rolda de prensa na que se anunciou o ditame do xurado da VII edición do Premio de Narrativa Breve Repsol.
Fonte: Xunta de Galicia
A Real Academia Galega presenta unha obra fundamental para a toponimia de Galicia
A Real Academia Galega presentou o segundo tomo da obra Estudos da toponimia galega, resultado dun traballo de recompilación dos artigos escritos por Nicandro Ares, “un dos grandes especialistas” nesta ciencia lingüística, en palabras do presidente da Academia, Xesús Alonso Montero.
Fonte: El Ideal Gallego
Ponse en marcha o proxecto Lingua Viva, unha proposta de normalización lingüística para o ámbito educativo
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística presenta, na súa renovada páxina web, o proxecto Lingua Viva, unha proposta de normalización lingüística interdisciplinar que implica a toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias e persoal non docente).
Fonte: Consello da Cultura Galega
A exposición ‘Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de memorias dun neno labrego’ fai parada en Castrelo de Miño
A mostra “Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de Memorias dun neno labrego”, impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para homenaxear a figura de Balbino, unha das máis emblemáticas da literatura galega contemporánea, vén de retomar a súa itinerancia polas localidades pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística (RDL).
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín