Galicia
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua lanza un comunicado pola creatividade e a calidade lingüística
O comunicado da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) procura que as administracións públicas desenvolvan as súas accións comunicativas desde o galego e con calidade lingüística, e que a Xunta paralice as diferentes campañas nas que descoida a lingua e as reinicie desde o galego.
Fonte: CTNL
O galego diminúe nos medios de comunicación pero aumenta nos gabinetes de comunicación
O decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Xosé Pereiro, participou nunha mesa redonda sobre o galego e os medios de comunicación na que asegurou que a presenza desta lingua baixou nos medios de comunicación pero se incrementou nos gabinetes de comunicación.
O triatleta Javier Gómez Noya gaña o Premio Leixaprén 2013 en recoñecemento á defensa e promoción da lingua galega
Javier Gómez Noya acaba de ser recoñecido co Premio Leixaprén de recoñecemento á defensa e promoción da lingua galega, que nesta edición se centrou no ámbito deportivo.
Fonte: Galicia Confidencial
Resólvense os XIX Premios Lois Peña Novo que recoñecen o uso do galego de persoas e entidades relacionadas coas administracións

A Fundación Lois Peña Novo deu a coñecer os gañadores da XIX edición dos Premios Lois Peña Novo, pensados para animar o proceso de normalización lingüística nas administracións públicas de Galicia e mais nas empresas que manteñen relación directa coa Administración.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Inícianse as probas de certificación do coñecemento da lingua galega, nas que están matriculadas preto de 3700 persoas
As probas para obter a Certificación do coñecemento de lingua galega (Celga) comezaron a pasada fin de semana cun total de 3360 persoas matriculadas en Galicia e no resto de España.
Fonte: Xunta de Galicia
Cultura e Educación leva ‘Espello Deportivo’ a outros cinco concellos da Rede de Dinamización Lingüística durante esta semana
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa a despregar os encontros de “Espello Deportivo” polos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
O museo Terra de Melide consegue o segundo Premio á Defensa do Idioma
O museo Terra de Melide vén de obter un recoñecemento pola defensa que realiza da lingua galega no seu contido e en todas as súas actividades. Así o fixo saber a Asociación Cultural Servizo de Normalización Lingüística Terra de Melide que outorga, nesta ocasión, o segundo Premio á Defensa do Idioma.
Fonte: El Correo Gallego
Segundo o CIS, o galego é a lingua materna dun 55 por cento dos votantes consultados
Os resultados do barómetro elaborado polo CIS tras os comicios autonómicos do pasado 21 de outubro revelan que un 54,7 por cento dos votantes consultados ten o galego como lingua materna, fronte a un 30 por cento que ten o castelán.
Fonte: ABC
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua organiza unha xornada no monte Pindo en defensa do galego
Desde a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) propoñen unha xornada o sábado 22 de xuño para botar a lingua de fóra.
Fonte: CTNL
Cultura e Educación incorpora ‘Peter Punk’ á oferta de actividades para promover o uso do galego entre a mocidade
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon en marcha unha nova actividade de promoción do uso do galego destinada a localidades nas que se radican entidades participantes na Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia. Trátase do espectáculo de rúa “Peter Punk”, que os concellos anfitrións integrarán nos seus programas de festas locais para dinamizar a lingua galega de maneira lúdica entre a mocidade.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín