Galicia

Celanova súmase á campaña para difundir o uso do galego en funerais e testamentos

Os galegos teñen nas súas mans levar a defensa e conservación do seu idioma propio máis alá da morte, ou polo menos así o considera e procura a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística.

Fonte: Faro de Vigo

O BNG de Lugo pide que se prime a empresas que usen o galego na repartición de axudas

O voceiro do grupo municipal do BNG, Antón Bao, reclamou por parte do Concello de Lugo "unha discriminación positiva" a prol das empresas que utilicen o galego "á hora de conceder as axudas do Plan Urban", financiado con fondos europeos, "para a rotulación de establecementos".

Fonte: ABC

O galego chega ao xogo Mezcladitos

Para engadir o galego a Mezcladitos, dende Etermax tiraron proveito do traballo da empresa compostelá Cilenis, que xerou a listaxe de palabras en galego para o xogo Apalabrados, mellorando as posibilidades lúdicas desta lingua a través de aplicacións desta compañía que destaca pola súa sensibilidade ante a diversidade lingüística.

Fonte: Código Cero

Cultura e Educación e a Universidade de Santiago colaborarán para fomentar o galego entre os membros da comunidade universitaria

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Juan Casares Long, asinaron un convenio de colaboración para o fomento do uso do galego entre os membros da comunidade educativa desta universidade.

Fonte: Xunta de Galicia

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua chama á participación no seu Viveiro de propostas normalizadoras

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) fai un novo chamamento para recoller ideas, maduralas e poñer a andar proxectos normalizadores de maneira colaborativa... A vindeira xuntanza do Viveiro de propostas normalizadores terá lugar o 29 de maio.

Fonte: CTNL

Comeza a edición de 2013 do Correlingua baixo o lema “O galego, a chave do mundo”

O venres 26 de abril o Teatro Principal de Pontevedra acolleu a presentación dunha nova edición do Correlingua, carreira pola lingua que percorrerá diferentes vilas e cidades galegas baixo o lema “O galego, a chave do mundo”.

Fonte: Galicia Confidencial

O Concello de Santiago de Compostela convoca un concurso de lemas para a campaña "Gústame o galego"

O Concello de Santiago convoca un concurso de lemas para a campaña "Gústame o galego", que xa percorreu máis dunha ducia de sitios e que estará nos vindeiros días en Narón, Burela, Carballo, Pontevedra e Compostela.

Fonte: CTNL

O Concello de Pontevedra programa máis de 50 actividades culturais para converter maio no 'mes da lingua galega'

O Concello de Pontevedra, en colaboración con case unha trintena de colectivos, programou preto de 50 actividades culturais para conmemorar a celebración, o próximo 17 de maio, do Día das Letras Galegas. E todo nun ano moi especial porque se celebran tamén os 150 anos da edición de Cantares gallegos de Rosalía de Castro.

Fonte: Pontevedra Viva

Cultura e Educación e mais a Universidade arxentina de Belgrano amplían a súa colaboración en prol da cultura e a lingua galegas

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e mais o presidente da Fundación da Universidade de Belgrano, Avelino José Porto, subscribiron un convenio de colaboración para o ensino do galego e a difusión da nosa cultura na Arxentina.

Fonte: Xunta de Galicia

Avoaescola lanza en Ferrolterra o seu primeiro centro infantil en galego

A rede privada de centros infantís en galego ve a luz. Preséntase no Museo do Humor de Fene a Avoaescola Ferrolterra, un "espazo educativo infantil en galego" dedicado en principio a nenos e nenas ata os seis anos.

Fonte: Praza Pública

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder