Galicia
Queremos Galego convoca unha manifestación en defensa da lingua galega para o 17 de maio
A plataforma Queremos Galego convocou unha "manifestación nacional pola lingua" en Santiago de Compostela o próximo 17 de maio, con motivo do Día das Letras Galegas.
Fonte: Galicia Hoxe
A Mesa pola Normalización Lingüística acusa a compañía Movistar de "incumprir a súa palabra" e non incluír o galego no seu web
A Mesa pola Normalización Lingüística acusou a compañía telefónica Movistar de "incumprir a súa palabra" de incorporar a lingua galega á súa páxina web.
Fonte: Galicia Hoxe
O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación do proxecto 'Termos esenciais de dereito civil'

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do proxecto 'Termos esenciais de dereito civil', no marco da campaña de dinamización lingüística Témoslle Lei, impulsada pola Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: Xunta de Galicia
A Rede de Dinamización Lingüística desprega o exitoso programa ‘Espello Deportivo’ para promover o uso do galego no deporte
A Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia continúa a promover o uso do galego no eido do deporte cos encontros do programa “Espello Deportivo”, nos que tres medallistas olímpicos e paraolímpicos compartirán as súas experiencias cos integrantes das escolas deportivas municipais.
Fonte: Xunta de Galicia
O Parlamento de Galicia admite a trámite a iniciativa lexislativa popular para o aproveitamento da lingua portuguesa
O Parlamento de Galicia admitiu a discusión e votación dunha iniciativa lexislativa popular, subscrita por 17 000 persoas, de aproveitamento do potencial da lingua portuguesa na comunidade.
Fonte: Expresso
A mostra ‘Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de Memorias dun Neno Labrego’ chega a Rois
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou en Rois a mostra “Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de Memorias dun neno labrego”.
Fonte: Xunta de Galicia
Preséntase ‘Espello Deportivo’ en Ourense, que chegará a dez concellos da provincia pertencentes á Rede de Dinamización
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio do seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou o programa de dinamización lingüística “Espello Deportivo”, que chegará a dez localidades ourensás pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
Publícase o libro Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico
Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico é o título do recentemente publicado libro de Valentina Formoso, no que, partindo dunha investigación cualitativa sobre o discurso arredor da lingua galega do alumnado de Secundaria, realiza propostas para mellorar o discurso para a normalización lingüística.
Fonte: CTNL
A terceira edición do certame 'Somos a curta!’ busca as mellores comedias realizadas en galego
Curtas, de ata 10 minutos, que teñan como piar fundamental o humor e que estean elaborados en lingua galega. Estes son os ingredientes que deberá mesturar quen decida participar na terceira edición do Certame de Curtas de Comedia, Somos a Curta!.
Un grupo de estudantes de Vila de Cruces presenta un videoclip para promover o uso do galego
O Clube da Lingua do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces presentou un videoclip para promover o uso do galego.
Fonte: Galicia Confidencial
Boletín
Subscríbase ao boletín