Galicia

O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación da plataforma Agasallo.eu

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación de Agasallo.eu, plataforma de propostas de regalos en galego. O proxecto, impulsado pola Coordinadora de Traballadores/as para a Normalización da Lingua (CTNL), conta co apoio económico da Secretaría Xeral de Política Lingüística, no marco do convenio anual asinado por ambas as dúas entidades.

Fonte: Xunta de Galicia

Cultura e Educación acompaña a Neira Vilas na presentación da primeira autobiografía gráfica do escritor

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acompañou escritor e académico da lingua galega Xosé Neira Vilas no acto de presentación da que é a primeira autobiografía gráfica do autor.

Fonte: Xunta de Galicia

Entréganse os Premios Manuel Beiras que recoñecen a promoción do uso social da lingua galega

A Cámara de Comercio e o Concello de Santiago entregaron os galardóns da décimo cuarta edición do Premio Manuel Beiras ás empresas Buydeal e Pedra Salgada e a Manuel Portas. O certame recoñeceu un ano máis o esforzo que realizan as empresas e institucións do municipio no proceso de normalización do uso da lingua galega.

Fonte: Concello de Santiago de Compostela

Ames e Santiago organizan cadanseu concurso de cartas aos Reis Magos para promover o uso do galego entre os cativos

Os servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames e Santiago organizan cadanseu concurso de cartas aos Reis Magos, para fomentar a creatividade dos máis pequenos/as da casa e promover o uso do galego nas actividades do lecer.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Coordinadora Galega de ENDL presenta unha web de recursos didácticos para festexar o Nadal en galego nas aulas

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística presenta, un ano máis, un espazo web dirixido á comunidade educativa que compila materiais e recursos didácticos relacionados co Nadal.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Cultura e Educación participa no acto de entrega do VII Premio Arume de Poesía a María Xosé Lamas

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, participou no acto de entrega da VII edición do Premio Arume de Poesía á lucense María Xosé Lamas.

Fonte: Xunta de Galicia

A Real Academia Galega e o Parlamento de Galicia organizan un seminario para unificar criterios lingüísticos

O curso insírese nun protocolo de colaboración entre as dúas entidades co fin de promover a calidade no uso da lingua nas institucións públicas.

Fonte: Real Academia Galega

A rede de empresas Abertos ao Galego presenta o seu catálogo de Nadal cunha selección de ideas de agasallos en galego

A rede de empresas Abertos ao Galego, iniciativa promovida pola Mesa pola Normalización Lingüística, difunde a terceira edición do seu catálogo de Nadal, que compila unha selección de servizos e produtos que se ofertan en galego.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Rede de Dinamización Lingüística canta os Reis en galego co obradoiro de música tradicional que comeza en Zas

A Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, coordinada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, vén de poñer en marcha o obradoiro de música tradicional “Cantámosche os Reis”, no marco da programación “Nadal en Rede”.

Fonte: Xunta de Galicia

Comeza en Redondela a exposición pública dos mapas coa toponimia recollida nas parroquias de Negros e Saxamonde

O traballo de recollida da toponimia redondelá iniciouse en 2012, froito da celebración dun curso de toponimia organizado polo IEM (Instituto de Estudos Miñoranos), a Universidade de Vigo e os Concellos de Vigo e Pontevedra, no que participou o Servizo de Normalización Lingüística.

Fonte: SNL de Redondela

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder