Galicia

Denuncian o uso de topónimos deturpados na sinaléctica de Cabana de Bergantiños

O responsable da sección da Mesa pola Normalización Lingüística en Bergantiños, Xosé Cotelo, entregou un escrito no Rexistro do Concello de Cabana de Bergantiños exixindo a corrección de todos os topónimos deturpados existentes no municipio.

Fonte: Que Pasa na Costa

Coñécense as persoas gañadoras dos IX Premios á Calidade Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Universidade de Santiago de Compostela fixo pública a relación de persoas gañadoras dos IX Premios á Calidade Lingüística dos traballos fin de grao e mestrado e de fin de carreira do curso académico 2012-2013.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Xesús Vázquez Abad inaugura un simposio en torno á figura de Roberto Vidal Bolaño

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, inaugurou un simposio sobre Roberto Vidal Bolaño organizado pola Real Academia Galega.

Fonte: Xunta de Galicia

O Concello de Xove promove o comercio local en lingua galega

O Concello de Xove está a desenvolver unha campaña de dinamización lingüística no ámbito do comercio local que ten como obxectivo reforzar o uso do galego nas comunicacións comerciais e, ao tempo, promover o pequeno comercio de ámbito local.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Xunta renova os convenios con dúas universidades brasileiras para fomentar a proxección exterior da lingua e a cultura galegas

O Consello da Xunta deu o visto e prace á renovación dos convenios coas universidades de São Paulo e do Estado de Río de Janeiro, a través dos que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria favorece a proxección exterior da lingua, literatura e cultura galegas, neste caso no ámbito da lusofonía.

Fonte: Galicia en el Mundo

O Concello do Grove invita o comercio local a falar en galego

Desde a Concellería de Comercio do Concello do Grove, dirixida por Marta Domínguez, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística municipal, acaban de poñer en marcha unha nova campaña de dinamización lingüística para fomentar que os traballadores dos establecementos falen en galego.

Fonte: Diario de Arousa

Resólvese a convocatoria de axudas para publicacións periódicas escritas integramente en galego

A Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia publican, no DOG do 20 de decembro de 2013, a resolución da convocatoria de axudas concedidas ás empresas que editan publicacións periódicas escritas integramente en galego.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O Concello de Redondela proxecta este Nadal dous filmes de animación en lingua galega para os máis pequenos

Este Nadal, dentro das actividades de lecer para os máis pequenos, e co obxectivo de mostrar a utilidade e riqueza da lingua galega na creación audiovisual, proxectaranse dous filmes galegos de animación de gran prestixio e recoñecemento: O bosque animado e O soño dunha noite de San Xoán.

Fonte: SNL de Redondela

Cultura e Educación ofrece unha ampla oferta de actividades en ‘Nadal en Rede’, un programa para festexar o Nadal en galego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria está a ofrecer unha ampla oferta de actividades coas que festexar o Nadal en galego, no marco dos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

‘Acuario’ enche a programación de ocio para o Nadal en Melide, A Cañiza, A Baña e Corcubión, da man de Cultura e Educación

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria levará o espectáculo poético-teatral ‘Acuario’, no marco do programa de dinamización lingüística ‘FalaRedes 2013’, a catro concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia durante esta semana de Nadal.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder