Galicia
Piden incluír a palabra ´pulpo´ no dicionario de galego
O Concello de Ribadavia encargaralle un estudo ao Centro de Estudos Carballiñeses para pedir ante a Real Academia Galega que a palabra "pulpo" se incorpore ao dicionario galego, co mesmo significado que a de "polbo".
Fonte: Faro de Vigo
A Consellería de Cultura e Educación participa no 64 cabodano do pasamento de Castelao
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto cultural e ofrenda floral organizado pola Fundación Castelao con motivo do 64 Aniversario do pasamento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Fonte: Xunta de Galicia
A Asociación Trabalingua convoca un concurso para concienciar sobre o bo uso do galego

O FotoTrabadas é un concurso, promovido pola Asociación Trabalingua, que busca darlles caza a todos os erros que se poden apreciar nos carteis, na sinalización, nas misivas e noutros medios escritos dependentes da Administración pública nos que se produza tanto un mal uso da lingua galega como a ausencia desta.
Fonte: Universidade de Vigo
O 112 de Galicia xa permite acceder aos servizos de emerxencias ás persoas con discapacidades auditivas e da fala
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia para asinar un convenio de colaboración que facilitará o acceso das persoas con discapacidades auditivas e da fala aos servizos de emerxencias.
Fonte: Xunta de Galicia
Cultura e Educación participa na edición do libro-CD “Nas tardes escuras”, con temas baseados na obra de Rosalía de Castro
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, apoia a edición do libro cd Nas tardes escuras, co que se rende homenaxe a Rosalía de Castro, interpretando e musicando os seus poemas.
Fonte: Xunta de Galicia
O Concello da Coruña convoca un concurso escolar de blogs en galego
O Concello da Coruña convocou un concurso escolar de blogs escritos en galego dirixido a alumnos de terceiro, cuarto, quinto e sexto de Primaria e de Educación Especial matriculados nos centros da cidade.
Fonte: La Opinión
A Consellería de Cultura e Educación convoca as axudas para o fomento do uso do galego en centros públicos e privados

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria fixo pública no DOG a orde de convocatoria de axudas aos proxectos de fomento do uso do galego que elaboren os equipos de dinamización da lingua dos colexios e institutos públicos da nosa Comunidade.
Fonte: Xunta de Galicia
Ponse en marcha unha nova edición de Lareta, o festival de monólogos de Redondela que busca fomentar o uso oral do galego
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela organiza a terceira edición de Lareta, Festival de Monólogos de Redondela, unha actividade deseñada para fomentar o uso oral do galego e promover a creación artística nesta lingua.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O boletín do Centro de Estudos e Documentación Europeos da Universidade de Santiago incorpora a lingua sarda aos seus contidos
O Boletín CeDe USC publica no seu último número un primeiro artigo de difusión escrito en lingua sarda, orientado a dar a coñecer esta lingua minoritaria.
O Concello da Coruña abre a inscrición para os obradoiros de curtametraxes en galego
O Concello coruñés abre o prazo de inscrición para os obradoiros de iniciación ás curtametraxes en galego, unha actividade organizada no marco do programa Educa.
Fonte: La Opinión de A Coruña
Boletín
Subscríbase ao boletín