Galicia

Google España recibe os representantes da campaña Android en Galego

A campaña para solicitarlle a Google a tradución de Android ao galego parece estar a dar os seus froitos, e xa se produciu a primeira xuntanza dos organizadores desta iniciativa con persoal da compañía de Mountain View.

Fonte: Código Cero

A Consellería de Educación elabora unha nova mostra para coñecer as competencias lingüísticas dos estudantes galegos

A Consellería de Educación comezou a elaborar unha nova mostra para actualizar os coñecementos e competencias lingüísticas que teñen os alumnos da comunidade.

Fonte: Faro de Vigo

Cultura e Educación presenta ‘Acuario’ en Santiago de Compostela

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou en Santiago de Compostela “Acuario”, unha das cinco propostas que está a despregar no marco do programa de dinamización lingüística “FalaRedes 2013”.

Fonte: Xunta de Galicia

A Mesa pola Normalización Lingüística premia o labor da cadea de electrodomésticos San Luís a prol do galego

No Pazo da Cultura de Carballo celébrase a 2ª edición do Premio Abertos ao Galego, concedido pola Mesa pola Normalización Lingüística á cadea de electrodomésticos San Luís.

Fonte: Código Cero

Ponse en marcha unha nova convocatoria de PARELLÆS, o programa de intercambio lingüístico galego-catalán

A Área de Catalán convida á participación no programa académico PARELLÆS de intercambio lingüístico e cultural galego-catalán entre estudantes da Universidade de Santiago de Compostela que falen galego ou catalán e desexen aprender, practicar ou mellorar a outra lingua.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

A Consellería de Cultura e Educación apoia 35 proxectos editoriais a través das axudas á tradución

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destina 126 098 euros en axudas ao libro galego, que se materializan no apoio a 35 proxectos editoriais.

Fonte: Xunta de Galicia

A Consellería de Cultura e Educación participa na campaña Xantar Compostela para difundir e promover o galego desde a hostalería

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da campaña Xantar Compostela a prol da difusión e promoción do galego a través da hostalería.

Fonte: Xunta de Galicia

Nace GCiencia, o portal galego da ciencia dispoñible en lingua galega, castelán e inglés

Nace un novo proxecto xornalístico na rede encamiñado a dar a coñecer a investigación que se fai en Galicia en tres idiomas (galego, castelán e inglés). Trátase de GCiencia, o portal galego da ciencia que xa abriu as súas portas.

Fonte: Código Cero

O Concello de Muxía difunde o galego en bolsas da compra

O Concello de Muxía, dentro da súa campaña de dinamización lingüística "Muxía, vivindo en galego II", editou un número de bolsas para o comercio co obxectivo de promover o emprego deste idioma nas compras.

Fonte: La Voz de Galicia

‘Os Axóuxeres’ chegarán a Pontedeume, ao Grove e a Vilagarcía de Arousa a vindeira fin de semana

Os “Encontros dos Axóuxeres”, impulsados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria mediante a Secretaría Xeral de Política Lingüística, chegarán durante esta fin de semana a Pontedeume, O Grove e Vilagarcía de Arousa.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder