Galicia

Preséntase o proxecto Dragal, a historia dun dragón galego creada pola escritora Elena Gallego que agora chega á rede

Unha “Dragalpedia” e unha “Topoteca” son os primeiros chanzos do Proxecto Dragal, a expansión da historia do dragón creada pola escritora Elena Gallego Abad á rede.

Fonte: Sermos Galiza

Os anuncios por megafonía nos Alvia faranse en galego unha vez que o tren entre en Galicia

Os anuncios por megafonía nos trens Alvia que circulan entre Madrid e Galicia faranse en galego unha vez o convoi entre no territorio da comunidade autónoma, ademais de en español e en inglés.

Fonte: Europa Press

O Observatorio da Cultura Galega constata o retroceso da edición en galego

Menos títulos, con tiraxes máis reducidas e cun prezo máis alto. Así é o panorama da edición en Galicia e en galego durante os últimos anos, se ben as editoras conseguen manter a facturación no medio da crise.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Cultura e Educación presenta en Cee ‘Acuario’, que chega a concellos da RDL co apoio da Deputación da Coruña

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, presentou en Cee a actividade de dinamización lingüística “Acuario”.

Fonte: Xunta de Galicia

O Goberno español négalle unha bolsa predoutoral a unha estudante por entregar o certificado de estudos en galego

A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou que o Ministerio de Economía lle negou unha bolsa predoutoral a unha estudante "co argumento de que non entendían o certificado de estudos en galego".

Fonte: Galicia Hoxe

Preséntase no Culturgal a iniciativa Agasallo.eu que compila, difunde e recomenda agasallos en galego

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua presentou no Culturgal a súa iniciativa Agasallo.eu, unha plataforma en liña deseñada para compilar, difundir e recomendar agasallos en galego para todas as idades e para todo tipo de acontecementos e épocas do ano.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Nace a revista Luzes, unha ambiciosa aposta pola análise informativa en galego

Dentro das múltiples presentacións que acolleu o Culturgal, destaca unha orixinal aposta comunicativa. Nuns tempos nos que facer xornalismo en galego está a ser unha tarefa heroica, nace Luzes, unha revista que aposta polo papel e polos textos en profundidade fronte á brevidade que impera na rede.

Fonte: Culturagalega.org

A Consellería de Cultura e Educación participa no acto de entrega do VII Premio de narrativa breve Repsol a Berta Dávila

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e representada por Valentín García, participou na entrega do VII Premio de Narrativa Breve Repsol.

Fonte: Xunta de Galicia

Os derradeiros ‘Encontros dos Axóuxeres’ do ano danse cita a fin de semana en Santiago, Silleda e A Estrada

A edición 2013 do programa de dinamización lingüística “Os Axóuxeres”, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para impulsar o uso e a transmisión interxeracional da lingua galega nas familias novas con bebés e fillos/as menores de seis anos, chegará á súa fin esta fin de semana en Santiago de Compostela.

Fonte: Xunta de Galicia

Cultura e Educación e mais a Fundación Rosalía de Castro entregan os premios de ‘Imaxina Cantares!’

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración coa Fundación Rosalía de Castro, celebrou o acto de entrega de premios do certame audiovisual de dinamización lingüística “Imaxina Cantares!”.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder