Galicia

O 23 % das horas de clase na Universidade de Santiago de Compostela impártese en galego e o 74 % en castelán

No que se refire ao uso dos idiomas na docencia da Universidade de Santiago de Compostela neste curso 2013-2014, sen dúbida o dato máis salientable é que o castelán é a lingua en que se imparten o 73,94 % das horas de clase. O galego vehicula o 22,98 % e o inglés o 1,59 %. Francés, portugués, italiano e alemán repártense o restante 1,12 % das horas docentes.

Fonte: O Cartafol Dixital

A Consellería de Cultura e Educación participa no acto de entrega dos premios de narración curta de El Progreso

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Lugo no acto de entrega dos Premios de Narración Curta de El Progreso a Ángela Piñeiro Acción e mais a Rubén Gasalla Trabada.

Fonte: Xunta de Galicia

Organizan unha nova edición do festival CinEOI Coruña Curtas co obxectivo de promover a creatividade en lingua galega

O Equipo de Dinamización Lingüística da Escola Oficial de Idiomas da Coruña convoca unha nova edición do festival CinEOI Coruña Curtas, que ten como obxectivo promover a creatividade en lingua galega.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega organiza o concurso de relato oral "Tíralle da lingua"

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega organiza este concurso, dirixido á comunidade educativa, co obxectivo de normalizar o uso oral do galego e contribuír a que este idioma se converta en instrumento normal de comunicación e creación de historias.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O secretario xeral de Política Lingüística participa na Estrada nos actos do Día de Rosalía

O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García Gómez, participou na Estrada nos actos de conmemoración que organizou o Concello pontevedrés con motivo do 177º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.

Fonte: Xunta de Galicia

Ponse en marcha FalaRedes 2014 esta fin de semana en Ourense co concerto Toc Toc para dinamizar o galego entre a xente miúda

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio do seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou a nova edición do programa de dinamización lingüística FalaRedes, que chegará por terceiro ano a todos os concellos adscritos á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

O CEIP plurilingüe Lagostelle de Guitiriz e o IES Perdouro de Burela gañan o concurso-exposición Letras Galegas 2014

A figura de Xosé María Díaz Castro, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, chegará, da man da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, aos centros de ensino, aos centros de estudos galegos, aos centros da emigración, aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia e ás bibliotecas de preto de 2000 puntos de Galicia e do exterior.

Fonte: Xunta de Galicia

Cultura e Educación participa na presentación da Roda dos verbos, un novo recurso para a aprendizaxe do idioma

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Vigo no acto de presentación da Roda dos verbos. Usos e dificultades da conxugación verbal en galego, un novo recurso lingüístico editado pola Universidade de Vigo (UVigo), no marco do convenio de colaboración en materia de normalización lingüística asinado entre esta institución e o departamento que dirixe o conselleiro Vázquez Abad.

Fonte: Xunta de Galicia

Vigo acollerá o primeiro festival da canción en lingua de signos que se celebra en Galicia

A Asociación de Persoas Xordas de Vigo convoca o primeiro festival da canción en lingua de signos en Galicia e un dos poucos a nivel español que se celebrará o 12 de abril no teatro García Barbón.

Fonte: Atlántico

O conselleiro de Cultura e Educación presenta o documental ‘Xosé María Díaz Castro. Nimbos de poesía’

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou outra das iniciativas que o seu departamento pon en marcha no marco da programación que impulsa a Xunta de Galicia para renderlle tributo ao autor guitiricense Xosé María Díaz Castro, a nova edición remasterizada do documental ‘Xosé María Díaz Castro. Nimbos de poesía’.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder