Galicia
O Concello ferrolán convoca o XX Premio Ricardo Carvalho Calero para fomentar a creación literaria e a investigación lingüística
O Concello de Ferrol publica as bases da vixésima edición deste certame de carácter bianual que ten como obxectivo promover a creación literaria e a investigación lingüística.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Carballiño promove un concurso de cuñas radiofónicas en lingua galega con alumnos de secundaria
Baixo el título "O Galego na onda", inténtase promover a reflexión sobre a lingua galega e a súa valoración positiva entre os alumnos do Concello do Carballiño.
Fonte: Faro de Vigo
A plataforma Prolingua denuncia a Redondela por non cumprir a ordenanza do uso do galego
A plataforma Prolingua denuncia o incumprimento do Concello de Redondela da ordenanza do uso do galego "na sinalización dos edificios municipais, na rotulación viaria de competencia municipal e en varios anuncios do Centro Deportivo Serviocio".
Fonte: Faro de Vigo
Un profesor da Universidade de Santiago de Compostela traduce ao galego o software libre de análises econométricas GRETL
A Universidade de Santiago informou da adaptación ao galego dunha suite de ferramentas informáticas para facilitar a análise econométrica escrita na linguaxe de programación C.
Fonte: Código Cero
Ourense celebrará a Festa da Lingua con maxia, xogos populares, ilustración e cine
O Concello de Ourense celebrará a Festa da Lingua cun programa de actividades que incluirá propostas vinculadas ao mundo da maxia, á ilustración, ao cine e aos xogos populares. O programa da festa, que busca promover o uso do galego, foi presentado no Concello de Ourense pola concelleira de Cultura e Educación, Ana Garrido.
Fonte: La Voz de Galicia
Alba María gaña o I Certame de Canción de Autor en Galego
O Certame de Canción de Autor en Galego, que convocou este ano por vez primeira o Concello de Teo, xa ten gañadora. Alba María impúxose aos outros sete finalistas e poderá gravar un disco de oito temas.
Fonte: Culturagalega.org
A Universidade de Santiago presenta os datos sobre usos lingüísticos nos traballos de investigación relativos a 2013
O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela presenta os datos sobre usos lingüísticos nos traballos de investigación (teses, traballos de fin de grao e traballos de fin de mestrado) relativos ao pasado ano 2013.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Consellería de Cultura e Educación convoca as axudas á edición de materiais didácticos en lingua galega

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a orde do 31 de marzo de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos para niveis non universitarios e se procede á súa convocatoria.
Fonte: Xunta de Galicia
O conselleiro de Cultura e Educación salienta como prioridade garantir unha axeitada oferta de cursos do Celga
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, salientou no Parlamento de Galicia que é prioridade e responsabilidade do departamento que dirixe garantir unha axeitada oferta de cursos para a obtención do certificado Celga”, un total neste momento de 91 cursos con 1910 alumnas e alumnos.
Fonte: Xunta de Galicia
A Universidade de Coruña organiza o I Concurso de Monólogos en Lingua Galega
O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña convoca o I Concurso de Monólogos en Lingua Galega, co obxectivo de promover o uso do galego entre a comunidade universitaria e premiar a súa creatividade e calidade lingüística.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín