Galicia
Xesús Vázquez Abad mantén un encontro co alumnado do Vicente Cañada Blanch de Londres
A Cidade da Cultura de Galicia acolleu o encontro do conselleiro Vázquez Abad cun grupo de 17 estudantes de galego do instituto Vicente Cañada Blanch de Londres e co profesor Xaime Varela.
Fonte: Xunta de Galicia
O IES Perdouro de Burela recibe o galardón do concurso-exposición Letras Galegas 2014
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria entregoulle, representada no secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o premio do Concurso-Exposición Letras Galegas 2014 ao IES Perdouro de Burela.
Fonte: Xunta de Galicia
Investigadoras da Universidade de Vigo achegan a figura de Díaz Castro ás nenas e nenos xordos con vídeos en lingua de signos

Chegada a semana da celebración do Día das Letras Galegas multiplícanse as visións sobre a figura homenaxeada, nesta ocasión o poeta Xosé María Díaz Castro, pero poucas veces o material divulgativo que se realiza se fai pensando nas nenas e nenos xordos. Conscientes desta realidade as investigadoras do Grupo de Investigación de Lingua Española e Linguas Signadas, Griles, puxéronse mans a obra na gravación de cinco vídeos cos que difundir entre os máis pequenos a figura do poeta en lingua de signos.
Fonte: Universidade de Vigo
Escolares de Pontevedra e Londres únense para potenciar o uso do galego
O proxecto ‘Ponte a Londres', no que tres colexios pontevedreses e un londiniense levan traballando desde xaneiro, chegou ao seu fin. Os case 100 escolares reuníronse por primeira vez na cidade logo de compartir experiencias a través dunha plataforma en internet, cuxo obxectivo final era mostrar que «o galego é unha lingua de comunicación normal entre os mozos», explica unha das impulsoras da iniciativa, Cristina González.
Fonte: Diario de Pontevedra
A Real Academia Galega propón ligar en galego para que o idioma sexa "vital"
O presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús Alonso Montero, cre que hai que promover unha política educativa en galego para as persoas que xa o saben, porque "o día que se ligue en galego", o día que "un lle chisque un ollo a unha rapaza en galego" este idioma dará "pasos cualitativos de xigante".
Fonte: El Diario
O Concello de Vigo oferta 290 bolsas de inmersión lingüística en inglés para alumnos de 3º da ESO
O programa municipal de inmersión lingüística, Vigo en inglés 2014, permitirá a 290 alumnos da ESO viaxar este verán a Gran Bretaña.
Fonte: Concello de Vigo
Miles de persoas maniféstanse nas rúas de Galicia en defensa da lingua galega
A marcha, convocada pola plataforma Queremos Galego, repítese en oito localidades cunha pancarta inicial que di 'Un paso adiante e outro adiante, Galiza'.
Fonte: Galicia Hoxe
O galego perde peso en internet
No último ano, a porcentaxe do uso do galego na rede reduciuse á metade, segundo datos estimativos de w3techs.com, pasando de case un 0,015 % do total de contidos web no mundo a apenas un 0,0075 %. A caída foi especialmente dramática durante os meses de maio, setembro e outubro de 2013.
Fonte: Ciencia Galega
A Consellería de Cultura e Educación colabora coa actividade da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), Cesáreo Sánchez, asinaron dous convenios de colaboración a través dos que a Xunta apoia a actividade desta entidade cunha achega total de 21 000 euros.
Fonte: Xunta de Galicia
Cultura e Educación presenta en San Petersburgo a tradución ao ruso de ‘Nimbos’, de Xosé María Díaz Castro
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta na sede do Centro de Estudos Galegos (CEG) da Universidade de San Petersburgo a tradución ao ruso de Nimbos, de Xosé María Díaz Castro, feita por Elena Zernova.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín