Galicia
A Universidade da Coruña convoca o I Concurso de Vídeos en Lingua Galega
As comisións de normalización lingüística da Escola Politécnica Superior e da Escola Universitaria Politécnica da Universidade da Coruña, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística, convocan o I Concurso de Vídeos en Lingua Galega, deseñado para promover o uso do galego no ámbito científico-técnico.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Alumnos dos institutos de Moaña reparten en varios establecementos listas da compra en galego
Alumnos dos dous institutos de Moaña poñen en marcha a campaña "En galego, con toda a frescura". Trátase dunha actividade, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello que ten como obxectivo estender o uso do idioma propio de Galicia así como axudar aos tendeiros da vila a vender os seus produtos frescos.
Fonte: Faro de Vigo
Cultura e Educación presenta 'Nimbos: cáliz fervendo!', o caderno Ramón Piñeiro dedicado a Díaz Castro
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou na sede da Real Academia Galega (RAG) na Coruña o volume XXIX dos Cadernos Ramón Piñeiro, dedicado a Xosé María Díaz Castro baixo o título “Nimbos: cáliz fervendo!”.
Fonte: Xunta de Galicia
O conselleiro de Cultura e Educación participa na entrega dos X Premios Rosalía de Castro
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou na entrega dos X Premios Rosalía de Castro, un galardón organizado polo Centro Pen Galicia e a Consellería, e que conta tamén co apoio da Universidade de Santiago de Compostela.
Fonte: Xunta de Galicia
Oito grupos de música explican nun vídeo as razóns polas que cantan en galego
Nao, Machina, Arrhythmia, Zenzar, Superoito, Familia Caamagno, Caiman do río Tea e Lydia Botana son os protagonistas do vídeo E ti, por que cantas en galego?
Fonte: Culturagalega.org
O PP demándalle á Xunta que a Compostela se poida obter en galego
O grupo parlamentario popular presentou unha iniciativa para que a Xunta faga xestións tendentes a conseguir que a Compostela, que acredita ter feito o camiño de Santiago, se poida obter en galego.
Fonte: La Voz de Galicia
Tres colexios do Grove impartirán clases de plástica en inglés o próximo curso
Cada vez son máis os centros escolares da comarca do Salnés que apostan por incrementar a formación en lingua estranxeira. Iso está a suceder tamén no municipio do Grove.
Fonte: La Voz de Galicia
Cultura e Educación participa en Fene na entrega de premios dos Certames de Microrrelatos e de Creación Artística
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou en Fene no acto de entrega de premios do IV Certame de Microrrelatos Concello de Fene e do I Certame de Creación Artística En galego? É o noso!.
Fonte: Xunta de Galicia
Os indicadores internacionais de avaliación prexudican o uso do galego na ciencia
A presenza do galego é escasa en todos os planos da actividade investigadora e en todos os momentos da carreira académica. É unha realidade ben coñecida pero a Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística quixo analizala para poder achegar propostas para a mellora da situación do galego na ciencia.
Fonte: Universidade de Vigo
A plataforma Prolingua felicita o Deportivo polo uso habitual do galego nos actos de celebración do ascenso a Primeira División
A plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega, Prolingua, envioulle unha carta de felicitación ao Deportivo polo uso habitual do noso idioma nos actos de celebración do ascenso a Primeira División.
Fonte: Galicia Confidencial
Boletín
Subscríbase ao boletín