Galicia

A Real Academia Galega chama a avaliar a situación da lingua no ensino

A Comisión Executiva da Real Academia Galega acordou nunha xuntanza reclamarlles á sociedade e ao Goberno galego que tomen medidas ante a situación da lingua galega no ensino.

Fonte: Culturagalega.org

A cantautora María Xosé Silvar, Sés, gaña o Premio Leixaprén 2014 pola súa defensa e promoción da lingua galega

A cantautora María Xosé Silvar, Sés, gañou o Premio Leixaprén 2014 de recoñecemento á defensa e promoción da lingua galega, que conceden os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística dos centros de ensino.

Fonte: Magazine Cultural Galego

A Rede de Dinamización Lingüística celebra o acto de entrega dos premios a cuñas radiofónicas 'O galego na onda'

A Rede de Dinamización Lingüística, que coordina a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, celebrou un dos actos de entrega de premios da fase local do certame de dinamización lingüística ‘O galego na onda’.

Fonte: Xunta de Galicia

Resólvense os premios "Nós tamén creamos!" para curtas de animación en galego realizadas por alumnado de infantil e primaria

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria fixo pública a resolución da convocatoria do premio a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa "Nós tamén creamos!" na súa edición 2013-2014.

Fonte: Xunta de Galicia

Representantes de 17 países analizan en Vigo os retos da formación multilingüe nas universidades europeas

O multilingüismo é un dos eixes centrais da construción europea. A procura dunha comunicación e un entendemento entre países cunha ou varias linguas propias presenta múltiples retos que tamén se trasladan á educación superior.

Fonte: Universidade de Vigo

O IES de Chapela estrea videoclip en lingua de signos e en galego

Un videoclip en galego para persoas xordas. Esta foi a iniciativa do IES de Chapela, unha idea que naceu dun grupo de alumnas, explica o dinamizador da lingua galega do centro, Aldán Santamarina Corral.

Fonte: La Voz de Galicia

Distintas actividades conmemorarán os 35 anos do pasamento de Eduardo Blanco Amor

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de apoiar os actos que se realizarán durante o ano 2014 para homenaxear a Eduardo Blanco Amor no 35 aniversario do seu falecemento.

Fonte: Xunta de Galicia

Entidades sociais e Concello de Narón queren que o galego se visibilice nos medios de comunicación

Despois da aprobación por unanimidade no pleno do Concello de Narón da declaración da campaña "Como cho digo ;-)", a través da que se pide que os medios de comunicación visibilicen o uso da lingua galega, o 25 de xuño celébrase un acto público no que participan diversos colectivos e persoas da localidade para se sumaren tamén a dicir que queren máis galego na prensa.

Fonte: CTNL

O establecemento Treixa da Estrada logra o premio do IES Nº 1 por facer uso do galego

O establecemento Treixa da Estrada logra o premio do segundo certame de IES-G, organizado polo IES Nº 1, no que se premia o uso do galego no comercio.

Fonte: Faro de Vigo

Cee acolle 'As fabas máxicas', actividade de dinamización lingüística do FalaRedes 2014 que chegará a novos concellos

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou en Cee a actividade de dinamización do galego ‘As fabas máxicas’, que esta fin de semana chegará á vila coruñesa.

Fonte: Xunta de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder