Galicia
A Universidade de Vigo será unha das pioneiras do dominio .gal
Oito anos despois a demanda dun dominio galego tornase realidade e o vindeiro 25 de xullo estrearanse as primeiras 90 webs con dominio .gal. Unha desas novas páxinas será a da Universidade de Vigo, que entrará no grupo dos pioneiros deste novo dominio, de igual xeito que hai 25 anos o fixo co dominio .es.
Fonte: Universidade de Vigo
A catedrática brasileira Yara Frateschi traballa en Santiago nun estudo sobre as orixes da lírica galego-portuguesa
A Universidade de Santiago de Compostela contou coa presenza da catedrática de literatura portuguesa da Universidade Estadual de Campinas (São Paulo), Yara Frateschi Vieira, especialista no ámbito da literatura medieval galego-portuguesa e recoñecida divulgadora das letras galegas no Brasil.
Preséntanse propostas alternativas para celebrar o Día das Letras
Convocar colectivos sociais e culturais co fin de elaborar propostas cívicas coas que celebrar o Día das Letras de xeito alternativo aos actos da Real Academia é a proposta que facía a Mesa pola Normalización Lingüística ao reiterar o seu rexeitamento a homenaxear a Filgueira Valverde polo 17 de maio de 2015.
Fonte: Cultura galega
Xosé Neira Vilas presenta a obra "Díaz Pardo. Crónica dunha fecunda amizade"
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acompañou ao escritor e académico da lingua galega Xosé Neira Vilas na presentación da súa última obra, Díaz Pardo. Crónica dunha fecunda amizade.
Fonte: Xunta de Galicia
Cultura e Educación inaugura o X curso de verán "Traballando en lingua"
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou no concello coruñés de Carballo no acto de apertura do X curso de verán sobre dinamización lingüística “Traballando en lingua”, que nesta edición se centrará na transmisión interxeracional do galego.
Fonte: Xunta de Galicia
O Día das Galegas nas Letras dedícase a Dorothé Schubarth
A plataforma de crítica literaria "A Sega" anuncia a convocatoria da edición inaugural do Día das Galegas nas Letras, unha conmemoración que busca celebrar a figura dunha muller que contribuíse de forma sobranceira á cultura en xeral e á literatura en particular. A primeira edición, que se celebrará o vindeiro 15 de agosto, estará dedicada a Dolores Schubarth, compiladora do Cancioneiro Popular Galego.
Fonte: Praza Pública
Cultura e Educación promove a investigación en galego a través dunha nova edición do Certame Condado de Pallares
A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, presentou o VIII Certame de Investigación Lingüística Condado de Pallares, promovido pola Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, en colaboración co departamento de Cultura e Educación da Xunta de Galicia. O certame, indicou a delegada, busca impulsar “os labores de investigación asociados aos ámbitos da lingüística, a historia, a arte, a arqueoloxía, a antropoloxía, a etnografía e o folclore no antigo territorio que conformou o coñecido Condado de Pallares”.
Fonte: Xunta de Galicia
"Os sons do vento que pasa" fai parada en Ribeira, en Ames e na Bola, no marco da programación do "FalaRedes 2014"
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria programa estes días en Ribeira, en Ames e na Bola o concerto de fados en galego "Os sons do vento que pasa". Trátase da nova actividade de verán do programa de dinamización lingüística FalaRedes 2014 da Xunta de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
Unha xuntanza en Santiago senta as bases dunha outra forma de celebrar as Letras Galegas
Unha ducia de entidades culturais e sociais mantiveron unha xuntanza en Compostela para debater e comezar a explorar fórmulas de celebración do Día das Letras Galegas para o vindeiro 2015, considerando "moi desafortunada" e contraria aos principios desta conmemoración a elección de Xosé Filgueira Valverde como figura homenaxeada.
Fonte: Praza Pública
A Festa da Palabra da Insua dos Poetas dedícase a Eduardo Blanco Amor
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asistiu á VI Festa da Palabra da Insua dos Poetas dedicada nesta ocasión a Eduardo Blanco Amor no marco do 35º aniversario do pasamento do escritor.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín