Galicia
Cultura e Educación segue dinamizando o galego durante o verán coas propostas de lecer do "FalaRedes 2014"
A xincana lingüística "Augalingua", o concurso infantil "Os Bolechas e o Sabichón" e o concerto de fados "Os sons do vento que pasa" visitan esta semana as localidades de Vedra, Cerdedo, Abegondo, Cotobade, Rois, Outeiro de Rei, Castro de Rei, Moaña e Bueu.
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería de Cultura e Educación programa na capital de Galicia unha tarde de teatro e circo para toda a familia
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria programa para o vindeiro sábado 19 de xullo unha tarde de teatro e circo para toda a familia en Santiago de Compostela, que inclúe dúas sesións de lecer para facer gozar os máis novos a través das artes escénicas.
Fonte: Xunta de Galicia
Vázquez Abad visita o alumnado que participa nas estadías de inmersión lingüística no centro residencial docente da Coruña
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou o centro residencial docente da Coruña no que alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO participa no programa de estadías de inmersión lingüística.
Fonte: Xunta de Galicia
A Universidade de Vigo sitúase á vangarda do ensino de linguas cun novo grao de ámbito lingüístico
O ensino de linguas na Universidade de Vigo volve reinventarse e se hai cinco anos ofertou o Grao en Estudos de Galego e Español, o vindeiro curso 2014-2015 impartirá o novo Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios, unha titulación única na universidade española, que combina “os saberes cunha sólida tradición no ensino das linguas e as literaturas con saberes innovadores”, explica Rosa Pérez, decana da Facultade de Filoloxía e Tradución, que xunto ao reitor, Salustiano Mato e o coordinador do grao, Fernando Ramallo, presentaron a titulación.
Fonte: Universidade de Vigo
O galego crece en internet ao situarse entre os 47 idiomas con máis presenza
Lingüistas como Xosé Manuel Sardiña apuntan que un bo indicativo para medir a saúde do galego na rede é fixarse na súa actividade en Wikipedia. Nela, o galego ocupa o posto 46 en número de páxinas vistas e o 47 en cantidade de artigos escritos neste idioma.
Fonte: Faro de Vigo
FAZ Cultura e Cilenis presentan o primeiro teclado galego específico para Android

FAZ Cultura e Cilenis, dúas spin-off xurdidas ao abeiro da Universidade de Santiago de Compostela (USC), veñen de unir forzas para dar forma a un teclado galego para Android. A iniciativa conta co apoio do Servizo de Normalización Lingüística da USC e quere converterse nunha “ferramenta para escribir na nosa lingua e no móbil con total corrección”, informan FAZ Cultura e Cilenis.
Fonte: Código Cero
As universidades galegas ofrécense á Xunta para avaliar os resultados do decreto do plurilingüismo
As tres universidades galegas ofrécenlle a súa "colaboración institucional" á Xunta de Galicia para realizar unha avaliación "seria, transparente e rigorosa" dos resultados derivados da aplicación do decreto do plurilingüismo nos centros educativos galegos.
Fonte: Europa Press
A Xunta é pioneira no dominio galego .gal tanto desde o punto de vista institucional como cultural
A Xunta encabeza os enderezos pioneiros con dominio galego .gal, tanto desde o punto de vista institucional como cultural. Así, a Administración autonómica activará o 25 de xullo, Día de Galicia, un novo espazo que conmemora esta xornada: a web 25dexullo.gal.
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería de Cultura e Educación acompaña a Xosé Neira Vilas na presentación do seu "Epistolario diverso"
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acompañou o escritor e académico da lingua galega Xosé Neira Vilas na presentación da súa última obra, Epistolario diverso (Edicións Embora). No acto participou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería de Cultura e Educación ten previsto crear 367 novas seccións bilingües para o próximo curso 2014/2015
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicará no seu portal web a resolución provisional das novas seccións bilingües, segundo a cal se crearán 367 novas, ata chegar a un total de 3223, un 13 % máis das do curso 2013/2014.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín