Galicia
Alegan contra o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ourense por non estar dispoñible en castelán
Un funcionario do Concello de Ourense argumenta a nulidade do proceso de información pública por non estar exposto ao público en ambas as linguas cooficiais.
Fonte: La Voz de Galicia
Preséntase un sistema de videointerpretación en lingua de signos na oficina de turismo da Xunta de Galicia en Vigo
A oficina de turismo da Xunta de Galicia en Vigo conta cun novo sistema de interpretación en lingua de signos coñecido como BILDTEC.
Fonte: Xunta de Galicia
Pontevedra acollerá en abril de 2015 o ditame dos Premios da Crítica Española nas catro linguas estatais
Pontevedra será a sede, do 16 ao 18 de abril de 2015, da reunión da Asociación Española de Críticos Literarios, que decidirá nesta cidade os Premios da Crítica Española correspondentes ás obras de narrativa e poesía publicadas en 2014 en castelán, galego, catalán e vasco.
Fonte: Galicia Hoxe
O Concello vigués coopera coa Asociación de Xordos de Vigo na contratación dun intérprete de lingua de signos
Un convenio de colaboración co Concello dotado con 6000 euros permitiralle á Asociación de Xordos de Vigo asumir os gastos derivados da contratación dun intérprete de lingua de signos.
Fonte: Concello de Vigo
Árabe e romanés son os idiomas máis demandados no servizo de teletradución das entidades de atención a mulleres
O árabe e o romanés son os idiomas máis demandados durante o primeiro semestre deste ano no servizo de teletradución, instalado pola Secretaría Xeral da Igualdade en máis de 70 entidades de atención ás mulleres e ás vítimas de violencia de xénero.
Fonte: Xunta de Galicia
Só o 7 % das novelas presentadas ao Premio de Narrativa Torrente Ballester está en galego
A Deputación da Coruña fixo público que 610 novelas pelexarán por facerse coa vixésimo sexta edición do Premio de Narrativa Torrente Ballester. As novelas recibíronse de países de todo o mundo, desde Costa Rica ou Venezuela, ata Canadá, Bélxica ou Israel. De todas esas propostas, só un 7 %, unhas 49, están escritas en galego.
Fonte: Culturagalega.org
'Os sons do vento que pasa' chega a Cabana de Bergantiños no marco do FalaRedes
A localidade coruñesa de Cabana de Bergantiños acollerá o concerto de fados “Os sons do vento que pasa”, incluído no FalaRedes 2014, o programa de fomento do galego promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: Xunta de Galicia
A Fundación Xosé Neira Vilas convoca a oitava edición do Premio Estornela de teatro infantil en lingua galega
A Fundación Xosé Neira Vilas de Vila de Cruces convoca a oitava edición do Premio Estornela de teatro para nenos. No concurso poderán participar todas as persoas que o desexen coa presentación de textos inéditos escritos en lingua galega.
Fonte: Faro de Vigo
A Deputación da Coruña achégalles 24 000 euros aos escritores en lingua galega
Un total de 24 000 euros é a cantidade total que a Deputación da Coruña achegará á Asociación de Escritores en Lingua Galega para o seu programa de actividades culturais, unha cantidade que supón case o oitenta por cento do orzamento da entidade.
Fonte: Galicia Confidencial
O BNG denuncia que o Goberno local da Coruña discrimina o galego na gardería da Agra do Orzán
O grupo municipal do BNG denunciou que o Goberno local «discrimina a lingua galega na escola infantil da Agra do Orzán» xa que, á vista do prego técnico para o contrato de xestión indirecta mediante concesión, se valora o inglés con ata dez puntos «e omítese toda alusión á lingua galega».
Fonte: La Voz de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín