Galicia
O concurso "Os Bolechas e o Sabichón" volve percorrer as vilas galegas da man de FalaRedes
O concurso infantil "Os Bolechas e o Sabichón" volverá percorrer as vilas galegas da man do programa de dinamización lingüística FalaRedes, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: Xunta de Galicia
O Centro de Linguas da Universidade de Vigo reforza a oferta con alemán de supervivencia e niveis máis altos de inglés
O curso comeza no Centro de Linguas da Universidade de Vigo con moitos cambios. A súa nova responsable explica que para o primeiro cuadrimestre a oferta de linguas “enriquécese con cursos innovadores como alemán de supervivencia, un curso de conversa en alemán de nivel A2 ou un obradoiro de iniciación ao alemán a través da música”. Tamén se ofrecerán niveis máis altos de lingua inglesa, que segue a ser a lingua máis demandada.
Fonte: Universidade de Vigo
Manuel Rivas pide "rescatar" o galego na entrega do premio "Casa dos Poetas"
Cun discurso reivindicativo e ao mesmo tempo concienciador en defensa do galego, ao que "debemos rescatar de pleno dereito", ante unha situación de emerxencia, o escritor Manuel Rivas recibiu en Celanova o premio "Casa dos Poetas", no restaurado inmoble onde viviu Manuel Curros Enríquez, e agora sede da fundación que leva o seu nome.
Fonte: Faro de Vigo
A Mancomunidade de Ordes fomenta nunha campaña os usos e as actitudes favorables cara ao galego no ámbito do deporte

O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes promove a campaña de dinamización lingüística “E ti, a que xogas?”, que ten como obxectivo fomentar os usos e as actitudes favorables cara ao galego no ámbito do deporte, especialmente influente para a mocidade.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Seis de cada dez centros educativos galegos imparten materias de Primaria e ESO en inglés
O 62 % dos centros educativos galegos xa imparte varias materias en inglés, ademais da propia materia de lingua estranxeira.
Fonte: Faro de Vigo
A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que o INE se nega a facilitar cuestionarios en galego
A Mesa pola Normalización Lingüística fixo público un novo caso de discriminación lingüística por parte da Administración Xeral do Estado, concretamente do Instituto Nacional de Estatística.
Fonte: Galicia Confidencial
O Concello de Carral organiza dúas xornadas sobre ferramentas informáticas en galego
O Concello de Carral organiza dúas xornadas sobre Novas Ferramentas Web e Informáticas en Galego, que se desenvolverá os días 16 e 17 deste mes de setembro.
Fonte: La Opinión
Galicia é a segunda comunidade autónoma con máis docentes nativos que imparten clases de inglés
Este curso o sistema educativo galego alcanza os 454 auxiliares de conversa de inglés nativos, o que supón un 4,3 % máis que no anterior ano académico.
Fonte: Faro de Vigo
Os Encontros para a Normalización Lingüística analizarán a realidade plurilingüística de España
A XVI edición dos Encontros para a Normalización Lingüística, que organiza o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia, dependente do Consello da Cultura Galega (CCG), muda o seu esquema habitual e analizará a realidade plurilingüística de España.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Xesús Vázquez Abad recibe o alumnado do colexio Santiago Apóstol de Bos Aires que se atopa de viaxe de estudos en Galicia
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, acompañado dos secretarios xerais de Cultura e Política Lingüística, Anxo Lorenzo e Valentín García, respectivamente, recibiu na Cidade da Cultura de Galicia os dezasete alumnos que aprenden galego no Colexio Santiago Apóstol de Bos Aires e aos dous docentes que os acompañan.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín