Galicia

O xurado dos Premios da Cultura Galega 2014 outorga oito galardóns á excelencia creativa e á difusión cultural

O escritor Xosé Neira Vilas, a Galería Trinta, o actor Cándido Pazó, o Festival de Ortigueira, a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), o profesor David Mackenzie, o Grupo Marcelo Macías e o Centro Pen Galicia son os galardoados deste ano cos Premios da Cultura Galega, que constitúen un recoñecemento colectivo á traxectoria e á calidade do traballo de persoas e entidades a prol do desenvolvemento cultural.

Fonte: Xunta de Galicia

FalaRedes, de Cultura e Educación, segue dinamizando o galego nos concellos da man de tres exitosas propostas de lecer

O programa de fomento do galego FalaRedes, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, levará esta semana tres exitosas propostas de lecer no noso idioma a seis concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

Dúas docentes da Universidade de Vigo recollen nun libro os diferentes enfoques sobre tradución audiovisual e localización web

Ata hai ben pouco, a investigación en tradución multimedia centrábase case exclusivamente na dobraxe e o subtitulado de series e películas pero nos últimos anos e en paralelo ao volume de negocio xerado, multiplicáronse as traducións de videoxogos, páxinas web, programas informáticos e aplicacións.

Fonte: Universidade de Vigo

O Concello da Coruña organiza o programa "Xuntoiro, grupos de conversa en galego"

A Concellería de Cultura do Concello da Coruña organiza o programa "Xuntoiro, grupos de conversa en galego" deseñados para persoas que están aprendendo esta lingua e queren mellorar a súa competencia oral.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Universidade de Santiago pecha o prazo para presentar traballos aos Premios á Calidade Lingüística

A Universidade de Santiago pecha o 30 de setembro o prazo para presentar traballos de fin de grao e de fin de mestrado aos Premios á Calidade Lingüística. O certame recoñece os mellores traballos académicos do curso 2013-2014.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Resólvense as axudas para a tradución do libro galego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica a resolución das axudas para o libro galego, no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Xunta pon en marcha un programa para impulsar a lectura nas librerías de Galicia con títulos galegos publicados no último ano

As Consellerías de Cultura e de Economía e Industria presentaron a iniciativa 'Venres nas Librarías', que programará encontros entre lectores e autores para mellorar os índices de lectura e fomentar o libro durante os meses de outubro e novembro.

Fonte: Europa Press

Sitúan a orixe da palabra gaita nun vocábulo gaélico que significa vento

A gaita, instrumento musical en Galicia por excelencia, podería remontar a súa etimoloxía a unha palabra gaélica. Os analistas do Proxecto Gaelaico acaban de poñer sobre a mesa unha orixe diferente para o termo que a aceptada hoxe en día.

Fonte: Faro de Vigo

Cultura e Educación e o Centro Pen Galicia homenaxean as letras galegas no Gaiás a través da VI Bienal Literaria

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria xunto ao Centro Pen Galicia renderanlles unha grande homenaxe ás letras galegas na VI Bienal Literaria en Compostela, que terá lugar do 2 ao 3 de outubro no Gaiás.

Fonte: Xunta de Galicia

A Asociación de Medios en Galego reclama máis transparencia cunha proposta de Lei de publicidade institucional

A entidade indicou que pretende “protexer, cultivar, difundir e socializar o idioma galego , e facelo resaltando os valores positivos da utilización da nosa lingua”. Para iso reclaman transparencia na repartición das axudas públicas e da publicidade aos medios de comunicación.

Fonte: Que Pasa na Costa

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder