Galicia
Xesús Vázquez Abad visita en Ourense a mostra coa que a Xunta de Galicia lle rende tributo ao autor das Letras Galegas 2014
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, Xesús Vázquez Abad, visitou na Casa da Xuventude de Ourense, a mostra “Nimbos de luz”, promovida pola Xunta de Galicia en colaboración coa Editorial Galaxia co gallo das Letras Galegas 2014, dedicadas a Xosé María Díaz Castro.
Fonte: Xunta de Galicia
Valentín García acompaña a Neira Vilas na presentación do libro-disco ‘Cantos de sol a sol’
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de presentación do libro-disco Cantos de sol a sol.
Fonte: Xunta de Galicia
A Real Academia Galega xa recoñece no seu dicionario palabras como rechouchiar, blogueiro ou tableta
O dicionario da Real Academia Galega, na súa versión en liña, está a recoller numerosas voces actualizadas que afectan especialmente ao léxico tecnolóxico que tanto se emprega no día a día.
Fonte: Código Cero
A Asociación Alexandre Bóveda recuperará a toponimia da comarca da Coruña
A Asociación Alexandre Bóveda e a Deputación da Coruña asinaron un acordo para desenvolver un proxecto para recuperar e divulgar a toponimia da cidade e da súa comarca.
Fonte: La Opinión
Cúmprense vinte anos da creación da primeira web en lingua galega da historia, obra dun filólogo coristanqués
Hai 20 anos, nunha pequena universidade do País de Gales (Reino Unido), a de Aberystwyth, nacía a primeira páxina web en galego da historia. O seu creador foi un rapaz de Coristanco: Alfonso Xavier Canosa Rodríguez.
Fonte: La Voz de Galicia
Catrocentos estudantes participan nas estadías lingüísticas convocadas pola Consellería de Cultura e Educación para este outono
Un total de 400 alumnas e alumnos de 18 centros educativos participarán este outono nas estadías para a formación en linguas estranxeiras –concretamente en inglés- convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Fonte: Xunta de Galicia
Preséntase unha campaña para a inscrición do patrimonio inmaterial galego-portugués na listaxe representativa da Unesco

A Xunta de Galicia participou na presentación da nova campaña que porá en marcha Ponte... nas ondas! para a inscrición do patrimonio inmaterial galego-portugués na listaxe representativa da Unesco.
Fonte: Xunta de Galicia
A edición privada en galego baixou un 11 por cento en 2013
A Federación de Gremios de Editores de España acaba de facer público o seu informe correspondente ao ano 2013. Os datos sinalan que en Galicia continúa a minguar o número de obras editadas por empresas, que no período estudado diminuíu un 10,9 por cento a respecto de 2012.
Fonte: Culturagalega.org
Cultura e Educación presenta os obradoiros de radio ‘O galego na onda’
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través do secretario xeral de Política Lingüística, presentou a segunda parte da actividade da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) “O galego na onda”, centrada na comunicación radiofónica.
Fonte: Xunta de Galicia
A Xunta de Galicia presenta GaliciaLe, unha plataforma de préstamo do libro electrónico en galego
A Xunta de Galicia presenta GaliciaLe, unha plataforma de préstamo de libros electrónicos que ofrece dous catálogos, un de obras en galego e outro de obras en castelán, de temática diversa (ficción, informática, historia…).
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín