Galicia

Preséntase en Ourense unha antoloxía literaria de 19 obras galegas traducidas ao ruso

A directora do Centro de Estudos Galegos da Universidade rusa de San Petersburgo, Elena Zernova, presentou unha antoloxía literaria que recolle en 19 volumes, traducidos do galego ao ruso, a traxectoria da literatura galega.

Fonte: La Región

O V Día da Ciencia en Galego, que se celebra o 4 de novembro, estará dedicado á Física

A Institución Galega de Ciencia (Igaciencia) convida a comunidade educativa festexar o vindeiro 4 de novembro o V Día da Ciencia en Galego, que nesta edición estará dedicado á Física e a reivindicar o dereito a impartir Física en galego.

Fonte: Consello da Cultura Galega

As universidades galegas convocan o Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras

O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña (UDC), en colaboración cos servizos de normalización das universidades de Santiago e Vigo, convocan o Premio Luísa Villalta para o fomento do galego.

Fonte: Galicia Hoxe

O Bacharelato plurilingüe comezará a introducirse en Galicia no próximo curso

O presidente da Xunta de Galicia anunciou que o próximo curso comezará a introdución en Galicia do Bacharelato plurilingüe nos primeiros institutos.

Fonte: El Progreso

FalaRedes 2014, de Cultura e Educación, leva esta semana música e teatro en galego a tres concellos da Coruña

Tres concellos da provincia da Coruña adscritos á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia recibirán esta semana a visita de dúas propostas de lecer en galego do FalaRedes 2014.

Fonte: Xunta de Galicia

Estudantes de Educación Social da Universidade de Santiago promoven un manifesto a favor do galego

Case 70 alumnos de Educación Social da Facultade de CC. da Educación da Universidade de Santiago deron lectura, na Casa de Rosalía de Padrón, a un manifesto no que os alumnos amosan a súa preocupación "polo presente e o futuro do galego".

Fonte: Culturagalega.org

O Concello de Ames organiza un concurso radiofónico para dinamizar o uso oral e escrito do galego entre a mocidade

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames organiza, coa colaboración dos equipos de dinamización lingüística dos IES do municipio, o IV Concurso Radiofónico de Teatro Lido Desata a Lingua!!, co obxectivo de dinamizar o uso oral e escrito do galego entre a mocidade de xeito lúdico e creativo.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Cultura e Educación presenta novas edicións do Premio de Ensaio Subversivo ‘Guillermo Domínguez’ e de Banda Deseñada ‘AXI’

A Consellería de Cultura e Educación, representada no secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, deu a coñecer as bases das terceiras edicións de dous premios: o Premio de Ensaio Subversivo “Guillermo Domínguez” e o Certame de Banda Deseñada “AXI”.

Fonte: Xunta de Galicia

A Consellería de Cultura e Educación valora positivamente os últimos datos sobre uso do galego difundidos polo IGE

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria valora positivamente a información do Instituto Nacional de Estatística (INE) relativa á lingua galega que publica o Instituto Galego de Estatística (IGE) no seu web www.ige.eu. Trátase de datos sobre coñecemento e uso do galego extraídos do Censo de Poboación e Vivendas do INE, que revela que un 89,1 % da poboación usa o galego en maior ou menor medida na súa vida diaria.

Fonte: Xunta de Galicia

O Concello de Pontevedra organiza a campaña Proba en Galego para promover o uso desta lingua no comercio e nas pemes

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra presenta unha nova edición da campaña Proba en Galego, unha iniciativa deseñada para promover o uso do galego no ámbito do comercio e da pequena empresa, como marca de identidade, calidade e proximidade.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder