Galicia

A biblioteca municipal de Sada retoma o seu programa de inglés para nenos

A biblioteca municipal de Sada abre o período de inscrición para a actividade de inglés “By Peter Vard”.

Fonte: El Ideal Gallego

Elaboran unha proposta para que as deputacións provinciais se impliquen no proceso de normalización lingüística

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística (CTNL) envioulles ás deputacións provinciais unha proposta para que cumpran coa súa obriga legal e coa responsabilidade social no proceso de normalización da lingua galega.

Fonte: CTNL

O Concello de Ourense convoca unha nova edición do Premio Risco de creación literaria en lingua galega

O Concello de Ourense e a Fundación Vicente Risco convocan, en colaboración coa editorial Sotelo Blanco, a XV edición do Premio Risco de creación literaria, ao que poden concorrer novelas, conxuntos de relatos, ensaios e outras obras inéditas e escritas en lingua galega.

Fonte: Faro de Vigo

Xesús Vázquez Abad asina a acta de doazón do Arquivo da Asociación ‘O Penedo, Fogar Galego’ á Cidade da Cultura

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asinou a acta de doazón á Cidade da Cultura do Arquivo da Asociación ‘O Penedo, Fogar Galego’, xunto á que fora presidenta da devandita asociación, xa extinguida, Iolanda Díaz Gallego.

Fonte: Xunta de Galicia

Un libro identifica e documenta os topónimos galegos de orixe celta

A toponimia celta de Galicia concentra en máis de cincocentas páxinas unha análise polo miúdo que identifica e documenta ducias de nomes de lugar cuxa orixe apunta á presenza celta.

Fonte: La Voz de Galicia

Case o 70 % dos exemplares vendidos na Praza dos Libros de Carballo estaba en galego

Vendéronse uns 1600 libros, o 67 % dos cales estaba en galego. Por cuarto ano consecutivo, na Praza dos Libros de Carballo vendéronse máis títulos en galego ca en castelán, algo que se incrementou notablemente desde o ano pasado.

Fonte: Semos Galiza

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca cursos de lingua galega e de linguaxe administrativa

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca cursos de linguaxe administrativa galega (niveis medio e superior) e cursos preparatorios para a obtención dos Celga, para o curso 2014/2015, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Un pub de Santiago de Compostela acolle un encontro literario galego-catalán

“Que falen as linguas / Que parlen les llengües” é o título do encontro literario galego-catalán que se desenvolve no pub Modus Vivendi en Compostela.

Fonte: Sermos Galiza

Arranca en Vigo o novo grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios, un título único no sistema universitario europeo

Máis de vinte mozos e mozas están matriculados no novo grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios, a titulación que estrea este curso a Universidade de Vigo.

Fonte: Universidade de Vigo

A Mesa pola Normalización Lingüística acusa o Concello de Vilanova de Arousa de excluír o galego da súa web

A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou o trato que recibe a lingua galega no municipio de Vilanova de Arousa, onde o Concello "non respecta a oficialidade desta e a exclúe por completo da páxina web institucional".

Fonte: Faro de Vigo

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder