Galicia

Resólvense as axudas para o fomento do galego no ensino público

A Secretaría Xeral de Política Lingüística publica, no DOG do 3 de xuño de 2014, a resolución pola que se conceden as axudas aos proxectos de fomento do uso do galego dos centros de ensino público non universitario de Galicia para o curso escolar 2013/2014.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Comeza a carreira para facerse cos primeiros .gal, o dominio para a lingua e a cultura galegas

A Asociación PuntoGal explicou que xa está en marcha o proceso para seleccionar até un máximo de 90 páxinas, que serán as primeiras en poder publicarse co .gal.

Fonte: Galicia Confidencial

A Consellería de Cultura e Educación presenta no Parlamento as liñas de traballo de promoción do uso da lingua galega

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, destacou na súa comparecencia parlamentaria as iniciativas postas en marcha desde a Administración autonómica para avanzar na transmisión interxeracional, nas tecnoloxías da información e do coñecemento e na proxección exterior do idioma.

Fonte: Xunta de Galicia

Convócase a quinta edición do Premio Lois Tobío de Investigación Xurídica en Lingua Galega

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Dereito e mais o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña convocan a quinta edición do Premio Lois Tobío de Investigación Xurídica en Lingua Galega.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O concurso infantil 'Os Bolechas e o Sabichón' percorrerá máis de medio cento de localidades de Galicia para dinamizar o galego

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou na Cidade da Cultura "Os Bolechas e o Sabichón", o concurso infantil que ata finais de ano percorrerá máis de medio cento de vilas para dinamizar o galego entre a xente miúda e as súas familias.

Fonte: Xunta de Galicia

Cultura e Educación organiza unha xornada de intercambio de experiencias entre o profesorado do programa ‘Nós tamén creamos!’

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, abriu en Santiago a xornada de formación do programa audiovisual de dinamización lingüística "Nós tamén creamos!" deste curso 2013/2014.

Fonte: Xunta de Galicia

Os máis pequenos aprenderán galego e inglés cos Bolechas nun novo espazo da Televisión de Galicia

Os Bolechas dan un paso máis na súa aposta por ofrecer novos contidos dirixidos ao público infantil nun formato que reúne diversión e aprendizaxe a partes iguais. Os irmáns lánzanse a aprender inglés e, grazas á Televisión de Galicia, os seus milleiros de fans poderán seguir as súas clases paso a paso e achegarse con eles á nova lingua dun xeito tan divertido como pedagóxico.

Fonte: El Correo Gallego

Equipos de normalización lingüística de tres centros educativos de Rianxo editan unha publicación con 31 creadores locais

Os equipos de normalización lingüística do instituto Félix Muriel, do colexio Xosé María Brea Segade e do Centro Rural Agrupado (CRA) de Rianxo deron a coñecer a publicación Creadores de Rianxo.

Fonte: Diario de Arousa

'Os Bolechas e o Sabichón' e 'As fabas máxicas' chegan a sete concellos da man do FalaRedes 2014

As actividades de dinamización lingüística "Os Bolechas e o Sabichón" e "As fabas máxicas" chegan esta semana a catro vilas pontevedresas e a tres ourensás da man do programa FalaRedes 2014, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Fonte: Xunta de Galicia

Expertos galegos e internacionais debaten sobre o futuro do galego na educación infantil

Sociolingüistas, profesores universitarios e activistas a prol da lingua debaten sobre o presente e as posibilidades de futuro do galego na educación infantil.

Fonte: Galicia Confidencial

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder