Galicia
Resólvese o III Premio Abertos ao Galego
A Mesa pola Normalización Lingüística acordou entregarlle o III Premio Abertos ao Galego á cooperativa Erica Mel, de Arzúa, pioneira no seu sector na etiquetaxe en lingua galega.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Real Academia Galega solicita a inclusión da toponimia tradicional no concepto de patrimonio cultural inmaterial
A toponimia, ou conxunto das denominacións propias dos lugares, representa unha parte ben importante do patrimonio inmaterial dos pobos, recoñecida como tal por parte dos organismos culturais internacionais.
Fonte: Real Academia Galega
Un xuíz rexeita quitar unha multa de estacionamento por estar o sinal só en galego
O feito de que a lenda situada baixo o símbolo internacional de prohibido aparcar estivese rotulada exclusivamente en galego levou a un pontevedrés a tratar de librarse dunha multa de estacionamento pola que a Policía Local de Pontevedra o sancionou con cen euros.
Fonte: La Voz de Galicia
O Concello de Redondela organiza unha nova edición do seu festival de monólogos co obxectivo de fomentar o uso oral do galego
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela organiza unha nova edición de "Lareta, Festival de Monólogos de Redondela", unha actividade deseñada para fomentar o uso oral do galego e promover a creación artística na nosa lingua.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O conselleiro de Cultura e Educación participa nos actos de celebración do Mes da Ciencia en Galego en Lalín
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acudiu a Lalín para abrir os actos con que o seu departamento celebra na capital do Deza o Mes da Ciencia en Galego.
Fonte: Xunta de Galicia
As resolucións que se ditan en galego ao longo do ano xudicial non acadan o 7 %
En Galicia a Administración de Xustiza segue falando case exclusivamente en castelán e as resolucións que se ditan en galego ao longo do ano xudicial non acadan o 7 %.
Fonte: Universidade de Vigo
O Concello de Teo organiza un concurso de postais de Nadal para promover o uso do galego entre os máis novos
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Teo organiza unha nova edición do Concurso de postais de Nadal, co obxectivo de promover a creatividade e o uso do galego entre a poboación máis nova do concello.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Concello de Pontevedra organiza xincanas e obradoiros de micoloxía para dinamizar o galego na escola
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, en colaboración cos equipos de dinamización lingüística de varios centros de ensino do municipio, organiza diferentes actividades de dinamización lingüística dirixidas ao alumnado de primaria.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Xunta destaca a experiencia positiva da inmersión lingüística en inglés dos escolares galegos
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, destacou que o programa de inmersión lingüística deseñado polo seu departamento para mellorar a competencia dos alumnos galegos en lingua inglesa está resultando “unha experiencia altamente positiva”.
Fonte: El Ideal GAallego
A Consellería de Cultura e Educación participa en Ourense na gala de entrega da V edición dos premios do Certame Ouff Escola
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou na gala de entrega de premios da V edición do Certame Ouff Escola, que conta coa colaboración do departamento que dirixe o conselleiro Xesús Vázquez Abad, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín