Galicia
O reitor da Universidade da Coruña reclama unha reforma da política lingüística universitaria
O reitor da Universidade, José Luis Armesto, reclama a reforma da política lingüística a nivel universitario na inauguración da undécima edición das Xornadas de Lingua e Usos.
Fonte: El Ideal Gallego
Máis de 1000 nenos de Primaria participan en Pontevedra nos obradoiros Lingua Forza 3
Máis de 1000 alumnos de Primaria participan nos obradoiros Lingua Forza 3, unha xincana con probas e xogos populares en versión lingüística.
Fonte: Faro de Vigo
Cultura e Educación presenta o libro ‘Leandro Carré. Un século de cultura e compromiso’
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou, na sede do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPHI), o libro Leandro Carré. Un século de cultura e compromiso, da autoría do profesor Xosé Manuel Maceira Fernández.
Fonte: Xunta de Galicia
FalaRedes leva esta semana o 'Brinca vai de aquí a acolá!' a Boiro, a Frades, ao Vicedo e a Melide
O programa de fomento do galego FalaRedes, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, leva esta semana o concerto-obradoiro infantil "Brinca vai de aquí a acolá!" a catro novos concellos.
Fonte: Xunta de Galicia
Silleda prepárase para vivir o Nadal en galego
O Concello de Silleda, a asociación ECOS, o IES Pintor Colmeiro e os centros de ensino do municipio están a colaborar en diferentes iniciativas destinadas a dinamizar o uso do galego no Nadal, principalmente nos ámbitos educativo e socioeconómico.
Fonte: Consello do Cultura Galega
As fases iniciais do .gal rematan con preto de 1000 dominios reservados

Ás 93 entidades da fase Pioneiros que estrearon dominio .gal o 25 de xullo, uniránselles arredor de 850 máis con apelido galego en internet. As primeiras fases desta iniciativa pecharanse así con preto de 1000 páxinas co .gal que estarán activas a partir do 2 de decembro. Ese mesmo día arrancará tamén a Fase Aberta, á que se poderán adherir tanto empresas como institucións e particulares, espallando así o dominio galego a toda a sociedade.
Fonte: Universidade de Vigo
Resólvese a décima edición dos Premios á calidade lingüística dos traballos académicos convocados pola Universidade de Santiago
Ao chamado da décima edición dos Premios á calidade lingüística presentáronse cinco traballos académicos de curso, 73 traballos de fin de grao (TFG) ou proxectos de fin de carreira (PFC) e 42 de fin de mestrado (TFM).
Fonte: Santiago de Compostela
Escolares do colexio do Foxo, na Estrada, deseñan 99 etiquetas comerciais para felicitar en galego
O colexio estradense do Foxo presentou a II Campaña de etiquetaxe en lingua galega "Bicos a moreas". Os escolares deseñaron 99 etiquetas e distribuiranse 15 000 unidades para acompañar compras no comercio local.
Fonte: Faro de Vigo
Ponse en marcha unha campaña de microfinanciamento co obxectivo de consolidar dous medios en galego
Herdo Novo é unha campaña de microfinanciamento impulsada por Radiofusión e Irmandade TV co obxectivo de consolidar economicamente estas dúas alternativas de radio e televisión en galego.
Fonte: Praza Pública
O Concurso de Cartas de Nadal organizado polo Concello de Santiago anima os nenos e nenas a utilizar o galego
A concelleira de Normalización Lingüística, María Corral, presentou o Concurso de Cartas de Nadal 2014, unha proposta dirixida ás escolas e ás familias para que os nenos e nenas enchan de contidos as súas solicitudes de agasallos.
Boletín
Subscríbase ao boletín