Mocidade

Valentín García destaca a importancia do deporte no impulso da lingua “entre a mocidade”

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, mantivo un encontro con deportistas e responsables de entidades deportivas da provincia de Lugo dedicadas a moi diversas disciplinas para abordar “as posibilidades de mellora no uso e prestixio da lingua neste ámbito, sobre todo, pola súa relevancia para chegar á mocidade”.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta pon o Premio Literario San Clemente como exemplo de impulso da lectura entre o alumnado

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, participaron na presentación das tres obras galardoadas na XXIX edición do Premio Literario San Clemente Rosalía de Castro, promovido polo Instituto Rosalía de Castro.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta abre o prazo para a participación dos centros educativos no concurso das Letras galegas 2026

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional colaboran unha edición máis no concurso para elaborar unha exposición sobre o Día das Letras Galegas. Trátase dunha iniciativa dirixida aos centros de ensino público non universitario que xirará ao redor da figura de Begoña Caamaño, a homenaxeada no 2026, e que convida ao alumnado a elaborar unha mostra centrada na creación, a época e a situación sociolingüística da etapa na que viviu a escritora e xornalista.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Preséntase unha nova edición dos Premios Youtubeiras+ que se abren este ano a todas as redes sociais para recoñecer os mellores contidos en galego

A novena edición de Youtubeiras+, que ten como lema “Alborota o algoritmo”, destina 7500 euros en premios repartidos en sete categorías para impulsar a creación de contidos en galego nas redes sociais. A iniciativa quere darlle visibilidade ao talento en galego e reforzar a presenza deste idioma no ámbito dixital.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Xunta e as tres universidades galegas poñen en marcha unha campaña para impulsar o uso da lingua

A Xunta de Galicia e as tres universidades galegas poñen en marcha unha campaña conxunta para o fomento do uso da lingua mediante un convenio a través do que o Goberno autonómico achega 30.000 €. A iniciativa, coordinada pola Comisión Interuniversitaria de Normalización Lingüística, foi presentada polo secretario xeral da Lingua, Valentín García, destacando que “se trata da primeira acción deste tipo que se desenvolve entre as tres institucións académicas”.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta convoca 11 bolsas para investigar sobre lingua galega no Centro Ramón Piñeiro

A Xunta de Galicia acaba de publicar no DOG a convocatoria de 11 novas bolsas de formación no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades para levar a cabo traballos relacionados coa lingua galega. Cun investimento de 293 174 euros, esta convocatoria enmárcase no compromiso do Goberno autonómico coa investigación lingüística, literaria, histórica e antropolóxica sobre o idioma propio de Galicia, co fin de promover o seu uso en todos os eidos profesionais e sociais.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O programa Iniciativa Xove subvencionará proxectos de dinamización do galego entre a mocidade

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destinará case 400 000 euros ao programa Iniciativa Xove, que apoiará 79 proxectos impulsados por mozos e mozas de 18 a 30 anos, tanto de asociacións xuvenís como de grupos informais. As iniciativas, desenvolvidas en Galicia, abranguen áreas como a promoción de hábitos saudables, a igualdade, a inclusión social e laboral, o emprendemento, a sustentabilidade ou a dinamización do galego. Este ano valoraranse especialmente os proxectos con vocación de permanencia e recoñeceranse os tres mellor puntuados.

Fonte: Código Cero

O IES vilagarcián Castro Alobre impulsa unha campaña baseada na creatividade para promover o uso do galego

O IES Castro Alobre presentou unha nova edición da campaña «Magnetízate co galego», na que o alumnado deseñou imáns inspirados en Vilagarcía para promover o uso da lingua. Os seis deseños gañadores, reproducidos en mil exemplares cada un, repartíronse por cincuenta comercios da vila co apoio do Concello. A actividade forma parte do programa «Implicados co galego», que busca integrar este idioma na vida diaria de maneira creativa e próxima.

Fonte: Faro de Vigo

Ferrol acolle unha nova edición do festival Mocidade coa Lingua

O Auditorio de Ferrol acolleu a XXXII edición do festival Mocidade Coa Lingua, un evento que promove a creatividade musical do alumnado da comarca situando o galego como eixe central. Participaron varios grupos de música de centros educativos locais, que interpretaron cancións orixinais ante máis de 700 estudantes.

Fonte: Diario de Ferrol

A Xunta e Feiraco impulsan unha academia virtual de música tradicional para festexar as Letras Galegas

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, presentou a programación que a Xunta leva a cabo, en colaboración coa empresa galega láctea Feiraco, integrada na Cooperativa Rural Galega CLUN, para conmemorar as Letras Galegas e que, este ano, contará como novidade coa posta en marcha dunha academia virtual de música tradicional, ademais do xa tradicional Certame de Microrrelatos.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder