Mocidade

Pontevedra acolle a fase final da liga CeibaRimas, unha iniciativa para fomentar o uso do galego no rap improvisado

A final do concurso galego de freestyle CeibaRimas celebrarase o sábado 12 de outubro en Pontevedra para promover o uso do galego entre a mocidade. O evento inclúe batallas de rap improvisado, concertos de artistas consolidados e emerxentes, e repartirá premios en metálico e agasallos. O CeibaRimas busca normalizar o uso da lingua galega no ámbito da cultura urbana.

Fonte: Pontevedra Viva

O Proxecto Didáctico Antonio Fraguas premia a investigación escolar arredor do entroido e da pesca

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na entrega dos premios da XIII edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, que se celebrou no Museo do Pobo Galego. Este certame de investigación escolar sobre o patrimonio lingüístico e cultural galego é unha iniciativa da Fundación Antonio Fraguas Fraguas coa que colabora a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude por medio da Secretaría Xeral da Lingua.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García acompaña a Daniel Chapela na presentación da obra ‘Biscoito de Laranxa’

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, acompañou a Daniel Chapela na presentación da obra Biscoito de laranxa (Editorial Galaxia, 2024), peza galardoada co segundo premio na categoría de poesía na edición 2022 do certame Xuventude Crea, que promove a Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Casa do Rock poralle o ramo ao festival Go! Go! Zo! cunha macroactuación apoiada pola Xunta

A escola de música A Casa do Rock poralle o ramo ao Festival Go!Go!Zo! cunha macroactuación no Monte do Gozo apoiada pola Xunta de Galicia na que participarán máis de 500 amantes do rock de Galicia. O secretario xeral da Lingua, Valentín García, presentou a iniciativa acompañado por Julio Asorey, organizador do festival, e por Adrián Hernández, un dos fundadores da Casa do Rock.

Fonte: Xunta de Galicia

A Universidade de Santiago convoca o III TriviGal, unha partida de Trivial en galego

O TriviGal é unha partida de Trivial en galego, que se desenvolverá o 17 de setembro na Facultade de Veterinaria. organizada no marco do programa #BenVida USC.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Xunta resolve o certame "Lingua de namorar 2024" que promove mensaxes de amor en galego entre a mocidade

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, e directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, participaron no acto de entrega dos premios ás persoas gañadoras da décima terceira edición de Lingua de namorar, o certame en liña impulsado pola Xunta que promove a creación de mensaxes de amor en galego entre a mocidade.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta fomenta o uso do galego no deporte co apoio ao Torneo 3x3 no Monte do Gozo

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou no Monte do Gozo na presentación do Torneo 3x3, unha iniciativa que conxuga lingua, deporte, mocidade e tempo de lecer a través de diferentes propostas.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A primeira entrega de Heartstopper xa conta con tradución ao galego

A primeira entrega de Heartstopper, de Alice Oseman, chega traducida ao galego por Nee Barros na editorial Xerais e está dispoñible nas librarías dende o 5 de setembro. Esta tradución busca dar visibilidade ao colectivo LGBTIQA+ en galego e ofrecer referentes nesta lingua en historias accesibles e para todas as idades.

Fonte: Faro de Vigo

O Concello de Cambados organiza unha proba de rap en galego

A Concellería de Cultura de Cambados prepara un novo evento chamado Urban Feira, que se celebrará entre o 30 de agosto e o 1 de setembro, sen revelar aínda o programa completo. Unha das actividades confirmadas é unha competición clasificatoria da liga de rap improvisado en galego, CeibaRimas, que permitirá ao gañador acceder á final do 12 de outubro en Pontevedra.

Fonte: Diario de Arousa

A Xunta colabora con 46 proxectos na edición de materiais didácticos en galego

A Xunta de Galicia destina 200 000 € a colaborar con 46 proxectos na edición en lingua galega de recursos didácticos para niveis non universitarios este 2024. Así se recolle na resolución da convocatoria na que se inclúen catro empresas editoras con sede en Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder