Mocidade

A Facultade de Educación e Traballo Social da Universidade de Vigo acolleu a Festa da Lingua

A Facultade de Educación e Traballo Social de Ourense celebrou a Festa da Lingua para reivindicar o uso do galego, con motivo de recibir o Distintivo Gal Ego 2023. O acto destacou a importancia de promover esta lingua para frear a perda de falantes. A celebración incluíu actuacións musicais, debates sobre o idioma e a participación de figuras públicas como Xosé A. Touriñán.

Fonte: Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo organiza unha nova edición do programa Tándem Lingüístico

A Universidade de Vigo retomou o programa Tándem Lingüístico, unha iniciativa que promove o intercambio de linguas entre a comunidade universitaria e o alumnado estranxeiro e que ofrece neste curso unha trintena de idiomas. O obxectivo é facilitar a práctica de linguas e fomentar a diversidade cultural mediante conversas informais.

Fonte: Universidade de Vigo

López Campos gaba o enorme talento e creatividade a través do galego do alumnado da comunidade

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, enxalzou o “enorme talento e creatividade en galego” dos escolares da Comunidade. Así o valorou na entrega dos Premios a curtametraxes de animación en galego Nós tamén creamos! 2023-2024, no Centro Galego de Arte Contemporánea. 

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta abre o prazo para que os centros educativos participen no concurso sobre as Letras Galegas 2025

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, colaboran unha edición máis no concurso sobre o Día das Letras Galegas dirixido aos centros de ensino público non universitario e que de cara ao ano que vén versará sobre as cantareiras e a poesía popular.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta recibe solicitudes de máis de 600 persoas no ‘Xuventude Crea’, a maior participación en 15 anos

O Xuventude Crea acada este ano a maior cifra de participación das súas 15 edicións, con 627 persoas inscritas. O certame, organizado pola Xunta de Galicia para impulsar o talento creativo da mocidade en moi diversas disciplinas, dobra así o número de mozos e mozas que tomaron parte na convocatoria do ano pasado, un total de 337.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Volve o anime en galego á TVG2 coa estrea de Gardiáns na Noite

A TVG2 estrea Gardiáns da Noite, a versión dobrada ao galego de Kimetsu no Yaiba, que tamén estará dispoñible na plataforma Xabarín.gal. Esta emisión busca revitalizar o uso do galego nos contidos xuvenís, seguindo o camiño de éxitos como Dragon Ball ou Doraemon. A TVG procura conectar cunha nova audiencia e fomentar a normalización lingüística a través de series actuais de alta calidade. O apoio da audiencia será clave para garantir a viabilidade de futuras dobraxes de animes e outras producións internacionais en galego.

Fonte: Galicia Confidencial

O Concello de Ames organiza unha nova edición do certame Galetiktokers para estimular a creatividade en galego entre a mocidade

O Concello de Ames presenta a quinta edición do certame Galetiktokers, dirixido á mocidade, para promover a creación de contido audiovisual en galego nas redes sociais. Os participantes, de entre 13 e 35 anos, poden optar a premios por un total de 1800 euros. O concurso busca fomentar o uso do galego entre a xuventude, especialmente en espazos dixitais como TikTok e Instagram. As pezas audiovisuais deben ser en galego e poden tratar temas libres, co obxectivo de visibilizar e valorizar o idioma.

Fonte: Concello de Ames

A Universidade de Santiago organiza un certame para promover o uso do galego entre o alumnado de Veterinaria

O Servizo de Normalización Lingüística da USC organiza en Instagram o certame #cambiaatúamirada, dirixido ao alumnado de Veterinaria, co obxectivo de fomentar unha actitude positiva cara á cidade de Lugo e á cultura e a lingua galegas. A través desta iniciativa, que inclúe un sorteo de pixamas veterinarios, búscase promover o uso do galego no ámbito universitario. As persoas participantes deben seguir o perfil @linguausc e colaborar na difusión das mensaxes da campaña.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

A Xunta tirará proveito do potencial dos neofalantes e das persoas non nadas en Galicia para incrementar o prestixio e emprego do galego

A Xunta de Galicia centrará nos neofalantes e nas persoas non nadas en Galicia as súas políticas lingüísticas para incrementar o prestixio e o uso do galego, tanto a través do novo Plan de dinamización do galego de cara a 2025, como na campaña de «Saca a lingua que levas dentro».

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García salienta a calidade dos textos do primeiro concurso de microrrelatos do Instituto de Estudos Carballineses

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou no acto de entrega dos premio do Concurso Escolar de Microrrelatos promovidos polo Instituto de Estudos Carballineses.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder