Mocidade
A Xunta colabora con 46 proxectos na edición de materiais didácticos en galego

A Xunta de Galicia destina 200 000 € a colaborar con 46 proxectos na edición en lingua galega de recursos didácticos para niveis non universitarios este 2024. Así se recolle na resolución da convocatoria na que se inclúen catro empresas editoras con sede en Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Asociación Socio-Pedagóxica Galega organiza tres actividades de normalización do galego no ensino
A AS-PG publicou na súa web as bases destas tres actividades: Tíralle da Lingua. XXIII Certame de Lingua Oral; IV Certame Coreografíate; e XIV Certame Curtas.
Fonte: Consello da Cultura Galega
López Campos pon en valor o papel dos neofalantes para fomentar o uso do galego entre a mocidade

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, destacou o papel do neofalantismo dentro da estratexia lingüística da Xunta para fomentar o uso da nosa lingua entre a xente máis nova. Por este motivo, puxo en valor a sinatura da renovación do convenio do departamento que dirixe coa Universidade de Santiago de Compostela, dotado con 80 000 euros, e que ten como obxecto tirar o máximo proveito destas potencialidades non só en materia de lingua, senón tamén en emprego xuvenil.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García asiste á clausura da XXXIV edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas
A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela acolleu o peche dos Cursos Galego sen fronteiras. Neste acto de clausura realizouse a entrega dos diplomas ao máis de medio cento de estudantes que participaron nesta XXXIV edición, chegados desde diversos países de Europa, Asia e América.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Unha gala pon fin á campaña «Falemos + Galego» organizada por trece centros de ensino da Costa da Morte
Finaliza cunha gala conducida por Maria Lado e Xurxo Souto a primeira edición da campaña «Falemos + Galego», unha iniciativa impulsada por 13 centros de ensino da Costa da Morte.
Fonte: Que Pasa na Costa
Alumnado do CPI O Cruce de Cerceda crean un premio para recoñecer o uso do galego nas empresas
A empresa galardoada na primeira edición deste premio foi a asesoría IPR Xestión. Con este recoñecemento o alumnado do centro pretende visibilizar os establecementos do municipio que usan o galego nos carteis, na atención ao público, na publicidade ou nas redes sociais.
Fonte: La Voz de Galicia
O IES N.º 1 da Estrada galardoa unha empresa polo seu apoio e promoción do galego
O IX Premio IES-G do IES N.º 1 da Estrada foi para Anacos Educativos pola súa promoción do galego como lingua habitual nos seus servizos socioeducativos e de dinamización cultural, así como pola súa creatividade en diversas campañas e soportes, que destacan polo seu compromiso coa inclusión, a igualdade e a realidade cultural galega.
Fonte: Faro de Vigo
O Concello de Moaña organiza un festival infantil con música e xogos en galego
O Concello de Moaña organiza unha nova edición do Festichío, un festival de música e xogos dirixido a público infantil e familiar que se celebra o venres 14 de xuño.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Valentín García agradece o compromiso de Coca-Cola para promover o uso da lingua
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na entrega de premios da 15ª edición do Concurso Coca-Cola Novos Talentos de Relato Curto de Galicia onde destacou a importancia de impulsar iniciativas como esta que promoven o uso da lingua, nomeadamente entre a mocidade.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
López Campos agradece a implicación do instituto Rafael Dieste para “comerciar co uso da lingua”

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu ao Festival Aquí tamén se fala, impulsado polo Instituto IES Rafael Dieste para promover o uso do galego.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín