España

La sociedad pública Osatek tendrá su propio plan de euskera

Osatek, dependiente del Departamento de Salud del Gobierno vasco, asignará perfiles lingüísticos a su personal, contribuyendo así a  la normalización del euskera en la sanidad y al respeto a los derechos lingüísticos de la ciudadanía.

Fuente: El Diario Vasco

País Vasco

A localidade oscense de Fonz aposta pola conservación do aragonés, coa apertura da Academia de l'Aragonés

O municipio oscense de Fonz inaugurou, no salón de actos do concello, a Academia de l'Aragonés, para manter viva esta lingua que aínda persiste en Fonz, entre outras localidades do Alto Aragón, na súa modalidade baixorribagorzana.

Fonte: Europa Press

O grupo político Ciutadans-Partido da Cidadanía manifestarase en Barcelona para que se "respecte" o castelán nas aulas

O presidente de Ciutadans-Partido da Cidadanía (C"s), Albert Rivera, anunciou a convocatoria dunha manifestación en Barcelona para o próximo 28 de setembro en contra das linguas cooficiais. Ciutadans deu a coñecer esta convocatoria nunha protesta que os seus máximos dirixentes realizaron ás portas do Centro de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Bogatell de Barcelona, onde lles entregaron aos pais un documento no que solicitaban ao centro que "respecten os dereitos lingüísticos dos seus fillos" para escoller a lingua castelá como idioma de ensino.

Fonte: Galicia Hoxe

A Universitat Jaume I fomenta a matrícula de ensino en valenciano

O Servizo de Linguas e Terminoloxía da Universitat Jaume I puxo en marcha unha nova campaña de universidade en valenciano co obxectivo de incentivar a matrícula de ensino en valenciano. Baixo o lema "Cando te matricules pide docencia en valenciano!", a campaña dá a benvida ao curso 2008-2009 cun agasallo e uns consellos útiles para o futuro profesional dos estudantes que elixan esta opción.

Fonte: Levante

O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados pregúntalle ao presidente do Goberno sobre a lingua galega

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) preguntaralle ao presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, polas medidas que vai adoptar para "garantir" o respecto á lingua galega por parte da Administración central.

Fonte: Galicia Hoxe

Na Comunidade Valenciana Educación para a Cidadanía impártese en inglés con libros en castelán ou valenciano

Máis de 50.000 alumnos valencianos de segundo de ESO cursarán Educación para a Cidadanía en inglés, aínda que paradoxalmente dispoñerán de libros de texto e materiais didácticos nas dúas linguas oficiais da Comunidade.

Fonte: El Mundo

Zapatero comprométese a garantir o uso das linguas cooficiais

O presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero , comprometeuse no pleno do Congreso a garantir o uso das linguas cooficiais en cumprimento do mandato constitucional e porque son, subliñou, unha «riqueza cultural do país».

Fonte: La Voz de Galicia

O Goberno vasco actualizará a base de datos de termos do éuscaro

A Viceconsellería de Política Lingüística e o Instituto Vasco de Administración Pública (IVAP) traballarán conxuntamente para actualizar o banco público de terminoloxía do éuscaro, Euskalterm.

Fonte: Deia

Zapatero asegura que tomará medidas para promover o galego na Administración

José Luis Rodríguez Zapatero comprometeuse no Congreso a tomar as medidas necesarias para promover o uso do galego na Administración Xeral do Estado. Fíxoo en resposta ao portavoz do BNG, Francisco Jorquera, quen lle preguntou na sesión de control ao Goberno que accións ía adoptar para garantir o respecto á legalidade lingüística.

Fonte: La Voz de Galicia

A ministra de Educación admite que o nivel de castelán dos alumnos cataláns é igual ou superior á media

A ministra de Educación, Política Social e Deporte, Mercedes Cabrera, asegurou que o seu ministerio non ten constancia de que haxa incumprimento ningún en referencia á terceira hora de castelán no sistema escolar de Cataluña.

Fonte: Avui

Boletín

Subscríbase al boletín

Logo Feder