España
O sindicato CSI-CSIF propón materias voluntarias en inglés na Comunidade Valenciana para posibilitar o trilingüismo
A Central Sindical Independiente y de Funcionarios, CSI-CSIF, propuxo que, fronte ao "fracaso" da impartición en inglés da materia Educación para a Cidadanía, se apliquen na Comunidade Valenciana as chamadas "seccións europeas" ou "seccións bilingües" co fin de poñer en funcionamento un "modelo que posibilite de verdade o trilingüismo na Comunidade Valenciana".
Fonte: El Mundo
Os escritores de Galeusca deciden reforzar a alianza para enfrontarse unidos á "involución" lingüística en España
Na recente reunión de Galeusca en Valencia, á que acodiu unha representación da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), a preocupación deu pé a un texto que, dalgún xeito, é continuación do manifesto realizado o pasado xullo pola Federación de Asociacións de Escritores Galeusca. Nese momento, só un mes depois da presentación da federación, protestaron pola "exclusión que colegas escritores españois" realizaron a través do Manifiesto por la lengua común e lamentaron que se "dediquen a combater o máis próximo e asimetricamente discriminado".
Fonte: Galicia Hoxe
O PP de Cataluña propón que cada colexio escolla en que lingua ensina
O Partido Popular de Cataluña presentará unha proposición de lei de educación ao Parlamento catalán na que propón que cada centro escolar poida definir "o seu propio proxecto lingüístico" e que cada familia poida levar os seus fillos ao colexio público ou concertado que desexe, aínda que non estea cerca do seu domicilio.
Fonte: Avui
Trinta entidades do País Vasco recibiron xa os certificados de calidade lingüística 'Bikain'
Trinta entidades vascas vinculadas ao mundo da economía e o traballo recibiron no Museo Guggenheim de Bilbao os primeiros Certificados de Calidade na Xestión Lingüística Bikain, «o primeiro certificado oficial, público, e gratuíto» creado pola Consellería de Cultura do Goberno vasco para «recoñecer o grao de normalización do uso, presenza e xestión do éuscaro nas organizacións do ámbito socioeconómico de Euskadi».
Fonte: Diario Vasco
A Axencia Nacional para a Avaliación da Calidade nunca aceptaría un grao de Filoloxía Asturiana por non ser lingua oficial
A Axencia Nacional para a Avaliación da Calidade e a Acreditación (ANECA) «non aceptará nunca un grao de Filoloxía Asturiana, ao non ser o asturiano unha lingua oficial», adiantou o reitor da Universidade de Oviedo en resposta á pregunta dun dos alumnos claustrais.
Fonte: La Nueva España
O Servizo de Saúde balear mantén o decreto do catalán pero acepta a proposta sindical sobre cursos
O Ibsalut informou na reunión da Mesa Sectorial de Saúde que o polémico borrador do decreto do catalán para médicos e enfermeiros "xa iniciou o seu propio trámite regulamentario, que concluirá coa publicación no BOIB" e que, polo tanto, "non poderá ser modificado", segundo informaron CCOO e UGT tras a reunión.
Fonte: Diario de Mallorca
Celébrase en Donostia o acto oficial do 25 aniversario da creación do Instituto de alfabetización e euscaldunización HABE
O lehendakari Juan Jose Ibarretxe presidiu o martes 11 de novembro ás 19:30 no palacio do Kursaal de Donostia o acto oficial do 25 aniversario da creación do Instituto de alfabetización e euscaldunización HABE.
Fonte: Euskadi.net
O conselleiro de Saúde e Consumo balear dará dous anos para aprender catalán nas próximas oposicións sanitarias
O conselleiro de Saúde e Consumo balear, Vicenç Thomàs, asegurou que ante a próxima oferta de emprego público se aplicará unha exención, por un prazo de dous anos, "a médicos e enfermeiras" no requisito de coñecemento do catalán nas prazas nas que haxa problemas para que sexan ocupadas.
Fonte: El Mundo
O Goberno vasco destinará 90.000 euros a un convenio coa Universidade do País Vasco para fomentar o estudo do éuscaro

O Goberno vasco destinará 90.000 euros a un convenio marco que subscribirá coa Universidade do País Vasco e que ten por obxectivo o fomento do labor do Euskara Institutua, segundo informou o Executivo.
Fonte: EcoDiario
Palma acolleu a apertura dos estudos de catalán no exterior do Institut Ramon Llull
O Institut Ramon Llull elixiu Baleares para celebrar o acto de apertura dos estudos en lingua catalá nas universidades do exterior do curso académico 2008-2009. A elección de Palma para desenvolver este acto, que se celebra por primeira vez, é simbólica, unha vez que o Goberno acordou a reincorporación das illas ao consorcio do Institut.
Fonte: España Exterior
Boletín
Subscríbase al boletín