España
Varios concellos do País Vasco crean servizos para axudar ás familias a escribir desde invitacións a necrolóxicas en éuscaro
O servizo de éuscaro do Concello de Getxo preparou un libro cos textos de invitacións, felicitacións e recordatorios. Esta é a última e a máis orixinal das iniciativas que xa puxeron en marcha numerosos municipios de Euskadi para facilitarlles aos cidadáns as comunicacións en éuscaro de actos sociais, e que contan coa subvención do Goberno vasco.
Fonte: El Correo Digital
Iníciase unha campaña para impulsar a normalización do éuscaro no comercio de Bilbao
A Área de Éuscaro do Concello de Bilbao, coa colaboración da sociedade municipal Lan Ekintza e a asociación Bilbao Dendak, puxo en marcha a campaña "Biribilko: el Euskera amable. Orain bai. Horrela bai" para impulsar a normalización do éuscaro no comercio de Bilbao.
Fonte: Europa Press
O Observatorio de Tendencias de Nokia constata o interese polos móbiles con menú en catalán, galego e éuscaro
Máis da metade dos habitantes de comunidades con dobre lingua oficial desexa ter móbiles co menú en catalán, galego e éuscaro, de acordo co 2.º Observatorio de Tendencias de Nokia, realizado entre individuos de 15 a 35 anos de idade. Cataluña é a comunidade autónoma onde máis importancia se lles dá aos menús personalizados na súa lingua, porque case o 21 % dos cataláns o considera imprescindible e ao 41 % gustaríalle que o tivese.
Fonte: PRNoticias
Os empregados do Consorci per a la Normalització Lingüística denuncian unha redución do 30 % de profesores
Os traballadores do Consorci per a la Normalització Lingüística temen un recorte de presuposto para o próximo ano que signifique unha redución do 30 % do persoal da empresa pública da Generalitat de Catalunya, basicamente profesores de catalán.
Fonte: Avui
O filólogo do Institut d'Estudis Catalans que propuxo sancións aos xornalistas que usen mal o catalán desdise
O presidente da sección filolóxica do Institut d'Estudis Catalans (IEC), Joan Martí, dixo que "hai que esixirlles aos xornalistas un bo coñecemento da lingua no momento da contratación", pero rexeitou "as sancións a posteriori".
Fonte: El Periódico
Un novo método permite buscar na rede material de ensino e establecer referencias cruzadas en distintos idiomas
Os estudantes da Universidade teñen acceso, grazas a internet, a unha enorme variedade de material de apoio, como as notas das conferencias, traballos, artigos e outro material. Para organizar este material, a maioría das universidades investiu nun "sistema de xestión da aprendizaxe" para arquivar e presentar documentos en liña de xeito sistemático. Pero a verdadeira riqueza deste novo sistema é que permite establecer referencias cruzadas dos recursos entre os diferentes idiomas.
Fonte: Plataforma Sinc
A Consellería de Educación valenciana quere varias materias en idioma estranxeiro en toda a educación obrigatoria
Lonxe de que a introdución do inglés no sistema educativo valenciano se limite a un feito anecdótico con Educación para a Cidadanía, a Consellería de Educación está disposta a seguir adiante co seu propósito de deseñar un auténtico modelo plurilingüe.
Fonte: El Mundo
CiU critica que o PSOE obrigue a traducir ao castelán todos os certificados xudiciais
CiU criticou que PSOE, PP e UPyD, adscrita ao Grupo mixto, uniran os seus votos no pleno do Congreso para rexeitar a emenda do grupo catalán que permitía manter nas linguas cooficiais os certificados xudiciais dirixidos aos territorios desas linguas.
Fonte: Europa Press
O asturiano entra como minor nos plans de estudo de Filoloxía na Universidade de Oviedo

A Xunta da Facultade de Filoloxía Asturiana da Universidade de Oviedo aprobou o xoves 20 de novembro a proposta do decano, José Antonio Martínez, de inclusión do asturiano como minor (bloque de materias de 48 créditos), o que inclúe a lingua asturiana dentro das ensinanzas da Filoloxía a un nivel inferior ao resto das linguas ofertadas.
Fonte: Asturies.com
O PNV aposta por lograr "un bilingüismo real, efectivo e equilibrado"
O presidente do EBB do PNV, Iñigo Urkullu, apostou por "un bilingüismo real, efectivo e equilibrado", para o que considerou preciso un consenso social, político e cultural, "a adhesión libre e positiva" da cidadanía e políticas activas en favor do éuscaro.
Fonte: Europa Press
Boletín
Subscríbase al boletín