España

O presidente de RTVE anuncia que abrirá unha web en catalán para competir con TV3

O presidente de Radiotelevisión Española, Luis Fernández, admitiu no Senado que o ente ten un atraso "dunha década" no desenvolvemento do departamento de medios interactivos de Cataluña, pero asegurou que o están "corrixindo" e que en xaneiro abrirán unha web en catalán que "pouco a pouco" debe converterse na "máis potente e mellor".

Fonte: Avui

Un experto advirte de que todas as linguas indíxenas están en perigo de desaparecer

Todas as linguas indíxenas están en perigo de desaparecer, aínda que algunhas delas o farán máis rapidamente que outras, segundo asegurou a Efe o lingüista valenciano Julio Calvo Pérez, invitado ao Forum das Linguas Amerindias organizado por Casa América Cataluña.

Fonte: Diario Metro

Almería conta con aulas temporais de adaptación lingüística para inmigrantes

Almería é na actualidade a primeira provincia andaluza en número de aulas temporais de adaptación lingüística. Trátase dunha iniciativa que pretende integrar o alumnado estranxeiro con programas de acollida e de ensino do español que garantan a escolarización dos inmigrantes permitindo a súa incorporación aos ritmos e actividades de aprendizaxe do nivel educativo correspondente á súa idade.

Fonte: Ideal

A Generalitat Valenciana implantará colexios públicos bilingües en inglés a partir do próximo curso

A Consellería de Educación valenciana implantará o próximo curso o ensino bilingüe en colexios públicos coa creación de liñas educativas en inglés, segundo informou a Generalitat Valenciana nun comunicado. Así, a partir do curso 2009-2010, en tres colexios da Comunidade Valenciana (un en Alacant, outro en Castelló e outro en Valencia) haberá liñas de nova creación co ensino en inglés desde o segundo ciclo de educación infantil con catro anos ata alcanzar a educación postobrigatorioa co Bacharelato.

Fonte: El Mundo

A Plataforma per la Llengua asumirá a defensa legal do mozo que traduciu ao catalán a web do Parlamento Europeo

A Plataforma per la Llengua anunciou que, se finalmente o Parlamento Europeo denuncia a Miquel Català, o mozo que traduciu ao catalán o portal de internet desta institución, asumirá a súa defensa legal.

Fonte: Avui

Créase por primeira vez en Asturias unha dirección xeral exclusiva para a política lingüística

Entre as novidades do novo Goberno de Asturias, recentemente nomeado polo presidente Areces, está a creación dunha Dirección Xeral de Política Lingüística, a cargo da ata agora directora xeral de Cultura e Política Lingüística, Consuelo Vega.

Fonte: Asturnews

José Bono non ve problemas en regular o uso do galego, catalán e vasco no Congreso dos Deputados

O presidente do Congreso, José Bono, afirmou estes días que non lle "molesta falar ningún dos idiomas cooficiais do Estado", e opinou que había que regular o uso do catalán, o éuscaro e o galego no Congreso dos Deputados.

Fonte: Asturnews

Numerosos lingüistas piden que Salamanca sexa a «Ciudad de la Lengua»

Lingüistas da Universidade de Salamanca reclaman que esta cidade sexa denominada «Ciudad de la Lengua» ou que se oficialice a denominación «Escuela de Salamanca». Os expertos consultados por Efe aseguraron que a institución académica conta con todos os argumentos para ter unha denominación máis oficial acorde co seu papel mundial no ensino e o estudo do español.

Fonte: ABC

O número de adultos que estuda éuscaro crece por primeira vez desde o ano 2000

Un total de 29.830 alumnos matriculáronse en outubro para estudar éuscaro durante o curso 2008-09 nos 107 centros homologados polo Goberno vasco -a práctica totalidade dos existentes-, unha cifra que supón un 5,8% máis que en outubro de 2007 e se converte na «máis positiva» a inicios dun ano académico «desde 2000». Por territorios, o incremento porcentual máis importante produciuse en Guipúscoa.

Fonte: Diario Vasco

A Policía Local de Melilla recibirá un curso sobre lingua de signos

A Consellería de Seguridade Cidadá de Melilla organizou un curso sobre lingua de signos dirixido aos axentes da Policía Local encargados de recibir as visitas á Xefatura, co obxecto de que poidan comunicarse coas persoas con discapacidade auditiva que recorran a este corpo por algunha emerxencia.

Fonte: Melilla Hoy

Boletín

Subscríbase al boletín

Logo Feder