España
O galego é o terceiro idioma no País Vasco, afirma o profesor Xosé Estévez
O galego é o terceiro idioma máis falado no País Vasco, despois do castelán e do vasco, segundo manifestou Xosé Estévez, profesor da Universidade de Deusto, nun acto organizado na cidade pola Fundación Galiza Sempre.
Fonte: La Voz de Galicia
Anúnciase a creación da "Casa de les Llingües" en Asturias, cun servizo de traducións
A inauguración dun congreso da Universidade de Oviedo foi o lugar escollido polo reitor Vicente Gotor para anunciar os avances no servizo de traducións ao asturiano que xa anunciara antes do verán.
Fonte: Asturnews
9.600 alumnos de Baleares recibirán este curso unha materia non lingüística en inglés
Uns 9.600 alumnos pertencentes a 101 centros de primaria e secundaria de Baleares cursarán ao longo deste ano académico unha materia non lingüística en inglés, dentro do Plan de terceira lingua impulsado polo Goberno balear, que supón o avance da introdución deste idioma en educación infantil e a súa implantación progresiva nunha das materias recibidas.
Fonte: Europa Press
Un concello de Alacante promove o valenciano cun despregable sobre o léxico da escola
A concelleira de Educación do Concello de Finestrat, María Llorca, e a técnica da Oficina municipal de Promoción do Valenciano, Àngels Llorens, acudiron ao colexio público Puig Campana para facerlles chegar aos escolares dúas campañas destinadas a promover o uso do valenciano.
Fonte: Prensa y Noticias
A Comunidade de Madrid ofrece cursos de lingua de signos aos seus funcionarios
A Comunidade de Madrid puxo en marcha a cuarta edición do curso de iniciación á lingua de signos para funcionarios. O obxectivo é formar os traballadores co fin de proporcionar a mellor atención posible ás persoas con discapacidade auditiva que acoden á Administración rexional.
Fonte: El Mundo
O conselleiro de Educación valenciano advirte que non retirará a orde de Cidadanía en inglés
O conselleiro de Educación valenciano, Alejandro Font de Mora, afirmou que "obviamente non se retirará a orde de Educación para a Cidadanía en inglés", en resposta ás mobilizacións que están realizando os sindicatos STE-PV, CC OO e FETE-UGT na Comunidade Valenciana.
Fonte: Levante
A proposta lingüística de CiU para o Concello de Barcelona non se somete a votación
A proposta lingüística de CiU para o Concello de Barcelona, que pretendía xeneralizar o catalán a todas as "tarefas e relacións" do Concello, non se someteu finalmente a votación. Co anunciado voto en contra do PP e a negativa de última hora do PSC, o grupo municipal de Xavier Trias, consciente da non viabilidade da aprobación, decidiu retirar a proposta.
Fonte: El Mundo
Dous terzos dos alumnos españois de portugués están en Estremadura
Dous terzos dos alumnos españois de portugués atópanse en Estremadura, rexión en que case 10.000 persoas estudan a lingua portuguesa, grazas a unha aposta pública iniciada na década de 1990.
Fonte: Lusa
A Academia de la Llingua Asturiana presenta “Xeitu”, un novo manual para aprender asturiano
A Academia de la Llingua Asturiana presentará en Llangréu, o libro "Xeitu. Manual pal deprendimientu de la llingua asturiana", editado pola propia institución.
Fonte: Asturnews
Seguros Lagun Aro patrocinará a primeira gramática en rede en éuscaro
A Universidade do País Vasco e Seguros Lagun Aro, a través da recentemente creada Fundación Lagun Aro, asinaron un convenio de colaboración para apoiar o proxecto da primeira gramática en rede en éuscaro (Euskal Gramatika Sarean), iniciativa que leva adiante o Instituto de Euskara da Universidade do País Vasco (UPV) que dirixe o lingüista e ex reitor da UPV Pello Salaburu.
Fonte: Diario Vasco
Boletín
Subscríbase al boletín