España

O portavoz socialista nas Cortes de Aragón nega que a futura lei de linguas aragonesa vaia recoller a cooficialidade do catalán

O portavoz do Partido Socialista nas Cortes de Aragón, Jesús Miguel Franco, manifestou que traballan no texto da futura lei de linguas de Aragón, que non pretende "ningunha imposición, nin ningunha cooficialidade".

Fonte: Europa Press

Campaña nas Baleares para impulsar o uso do catalán

A directora xeral de Política Lingüística do Goberno balear, Margalida Tous, presentou a campaña de fomento do uso do catalán que iniciou o seu departamento en colaboración co Consorci per al Foment de la Llengua Catalana, no que participan institucións municipais, insulares e autonómicas baixo o lema: Ara és la teva. Parla en català. Esta campaña márcase como obxectivo «manter a lingua catalá como vehículo de relación entre as persoas en todos os ámbitos».

Fonte: Diario de Ibiza

Ciutadans marchará contra a 'exclusión' escolar do castelán en Cataluña

Ciutadans anunciou que oito entidades de varias comunidades autónomas -entre elas Cataluña, País Vasco e Baleares- participarán na manifestación convocada pola formación o domingo 28 en contra do modelo de inmersión lingüística e a favor do dereito dos pais a escolarizar os seus fillos en castelán.

Fonte: El Mundo

Os sectores euscaldúns de Navarra piden que o éuscaro sexa requisito para apoiar o novo decreto foral

O Consello Navarro do Éuscaro debate o borrador do decreto foral que actualizará a valoración do éuscaro no acceso á Administración. O texto, que conta co apoio de Euskarabidea, espertou polo contrario unha notable insatisfacción na maioría dos representantes do mundo euscaldún, debido á falta de ambición da reforma que non recupera a filosofía de circuítos bilingües presente nos primeiros decretos de 1994 na época do goberno de Juan Cruz Alli.

Fonte: Noticias de Navarra

O cantautor Tontxu ofrecerá un concerto con dobraxe simultánea á lingua de signos

O cantautor bilbaíno Tontxu Ipiña ofrecerá o vindeiro sábado un concerto en Sant Joan d'Alacant que contará cunha adaptación á lingua de signos para que o espectáculo poida ser seguido polos discapacitados auditivos.

Fonte: Información

Educación para a Cidadanía impártese en castelán nalgúns centros da Comunidade Valenciana

Despois dunha semana do inicio do curso en secundaria, o balance sobre a materia de Educación para a Cidadanía é pouco prometedor. Hai centros da cidade que usan o castelán ou o valenciano para impartir a materia e hai outros casos nos que o profesor enviado pola Consellería de Educación, e encargado de impartir a materia en inglés, ten problemas para se facer entender cos alumnos.

Fonte: ADN

EA critica que a nova estratexia da CE non aborde as linguas minoritarias como dereito dos cidadáns

O eurodeputado de Eusko Alkartasuna (EA) Mikel Irujo criticou que a nova comunicación da Comisión Europea sobre multilingüismo na Unión Europea non reflicta o tratamento e uso das linguas minoritarias europeas, como o éuscaro e o catalán, en todas as institucións europeas como un "dereito dos cidadáns", algo que, a priori, entendeu que ía ser recollido no informe.

Fonte: Eco Diario

O Consello Navarro do Éuscaro mellora o decreto regulador na Administración

O Consello Navarro do Éuscaro aprobou case por unanimidade un informe positivo sobre o decreto de modificación na valoración deste idioma na Administración.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

Os colexios privados de Madrid apostan polo ensino do mandarín como actividade extraescolar

O Liceo Europeo de Madrid é un centro pioneiro xunto con outros colexios privados madrileños en introducir o ensino do idioma como actividade extraescolar. En total, 120 dos seus 1300 alumnos aprenden chinés co profesor Sun Feng, coordinador dun equipo de 20 docentes que ensinan a lingua de Confucio neste e noutros centros privados dos arredores de Madrid.

Fonte: Cinco Días

A Obra Cultural Balear lamenta que Vicky Cristina Barcelona non se estreara en Mallorca en catalán

A Obra Cultural Balear lamenta que non se puidera estrear en Mallorca a versión dobrada ao catalán de Vicky Cristina Barcelona, a última película de Woody Allen. A entidade non entende como unha película que se estreou en Cataluña con 46 copias en catalán non puido chegar ás Baleares en catalán.

Fonte: OCB

Boletín

Subscríbase al boletín

Logo Feder