Asturias
Correos actualizará a súa base de datos para comezar a utilizar a toponimia oficial asturiana
Correos vai comezar a respectar a utilización da toponimia tradicional dos concellos asturianos, para o que actualizará a súa base de datos, un proceso que espera ter finalizado no primeiro trimestre do 2023.
Fonte: Asturies.com
Increméntase entre a poboación do Principado o apoio á oficialidade do asturiano

Se en novembro do 2021 o apoio á oficialidade do asturiano se situaba no 60 %, un ano despois esta porcentaxe incrementouse case dous puntos (61,9 %), fronte ao 36,1 % que se declara en contra.
Fonte: Asturies.com
O Goberno de Asturias e o Concello de Carreño organizan a primeira edición do Reguerada Fest, unha iniciativa para impulsar o uso do asturiano

Reguerada Fest nace como punto de encontro da cultura e o mundo empresarial en asturiano. A programación inclúe actividades como recitais, obradoiros, charlas, exposicións e concertos, todo co asturiano como lingua vehicular.
Fonte: El Comercio
O Goberno do Principado promove a poesía en asturiano cun ciclo de encontros literarios
O ciclo «Quod Erat Demonstrandum (QED)» ten como obxectivo promocionar e darlles voz aos poetas que escriben en asturiano. Para iso, organizaranse encontros entre autores do Principado con outros de fóra de Asturias, que se traducirán a esta lingua para a ocasión.
Fonte: Astur News
O Goberno do Principado lanza unha campaña para promover o uso do asturiano á hora de facer a compra
A campaña «Les coses pol so nome» ten como obxectivo impulsar o uso do asturiano á hora de facer a compra e dar a coñecer as denominacións tradicionais dos diferentes produtos. Para iso repartiranse en tendas e supermercados materiais divulgativos como carteis e folletos.
Fonte: Asturias Mundial
Reclámanlle a Aena a presenza da lingua asturiana no Aeroporto de Asturias
Algunhas das reclamacións realizadas á empresa Aena son as referidas ao emprego do asturiano nos carteis do Aeroporto de Asturias, así como ao uso da toponimia oficial ou á súa presenza nas campañas informativas.
Fonte: Asturies.com
O asturiano incorporarase gradualmente aos informativos da Televisión do Principado de Asturias
O director xeral en funcións da Radiotelevisión do Principado de Asturias anunciou que ao longo dos vindeiros meses haberá información diaria e semanal en lingua asturiana nos informativos da canle pública.
Fonte: Asturies.com
A asociación Axuntar presenta un informe sobre a situación do galego na área do Eo-Navia
O Concello de Boal (Asturias) acolleu a presentación do Informe lingüístico del Eo-Navia. Sen fronteiras: galego de Asturias, un documento divulgativo que ofrece datos sobre a realidade lingüística e sociolingüística actual desta área.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Comeza a sexta edición do festival Nel Amaro de teatro en lingua asturiana
Oviedo acollerá todos os venres do mes de outubro a representación de catro obras dirixidas ao público infantil e xuvenil finalistas do Premio Nel Amaro de teatro en asturiano.
Fonte: La Nueva España
A Federación Asturiana de Concellos abre o prazo de preinscrición para os seus cursos de asturiano
Os cursos de asturiano do proxecto Falamos da Federación Asturiana de Concellos desenvolveranse durante os meses de outubro e novembro e as persoas interesadas xa poden preinscribirse a través da páxina web deste proxecto.
Fonte: La Nueva España
Boletín
Subscríbase ao boletín