Asturias
Un catedrático da Universidade de Oviedo lanza unha proposta sobre a oficialidade do galego en Asturias
O catedrático de dereito constitucional, Miguel Ángel Presno Linera, propón, con motivo da reforma do Estatuto de Autonomía de Asturias, que o galego-asturiano sexa recoñecido como lingua propia do territorio comprendido entre os ríos Eo e Navia e como lingua oficial de toda a comunidade autónoma.
Fonte: Xornal da Mariña
O sindicato CCOO e Podemos coinciden na necesidade de crear a especialidade docente de lingua asturiana
A Federación de Ensino de CCOO aproveitou a súa xuntanza coa nova cúpula do partido Podemos en Asturias para demandar a necesidade de crear a especialidade docente de lingua asturiana.
Fonte: Europa Press
Denuncian que a televisión pública do Principado non emitiu durante o Nadal programación infantil en asturiano
A diferenza do que aconteceu noutras televisións autonómicas de territorios con lingua propia, a do Principado non realizou ningunha emisión de programación infantil en asturiano durante o Nadal.
Fonte: Asturies.com
A multinacional Ikea diríxese á súa clientela en asturiano nunha publicidade da súa tenda en Asturias
Ikea volve escoller a lingua asturiana para se dirixir á súa clientela. Esta vez a multinacional empregou a lingua vernácula nunha publicidade da súa tenda de Siero, Asturias.
Fonte: La Voz de Asturias
O Concello de Oviedo aproba unha proposición que rexeita a inclusión da cooficialidade do asturiano na reforma do Estatuto de Autonomía
O pleno do Concello de Oviedo rexeitou, por iniciativa do equipo de goberno, incluír a cooficialidade do asturiano na reforma do Estatuto de Autonomía, actualmente en período de negociacións.
Fonte: EFE
As contas do Principado dedícanlle o 0,04 % á promoción da lingua asturiana
A partida dos orzamentos do Principado de Asturias dedicada á promoción do asturiano para 2022 sobe a 2 205 441 euros, o que continúa representando o 0,04 % do total das contas.
Fonte: La Voz de Asturias
O Concello de Colunga vota en contra da cooficialidade da lingua asturiana
O Concello de Colunga votou en contra da cooficialidade da lingua asturiana, unha posición que defendían os grupos do PP e Cs.
Fonte: COPE
Unha asociación reclama o recoñecemento do galego que se fala na zona occidental de Asturias
Axuntar, colectivo que defende que na zona occidental de Asturias se fala unha variedade do galego, reuniuse co director xeral de Política Lingüística do Principado para trasladarlle as súas propostas respecto á oficialidade das linguas na próxima reforma estatutaria.
Fonte: Nós Diario
O Concello de Ribadesella debate a oficialidade da lingua asturiana
O pleno ordinario inclúe unha moción que propón reiterar o compromiso municipal coa lingua asturiana, para que os partidos que forman parte da Corporación voten a favor ou en contra da súa oficialidade.
Fonte: COPE
A Radiotelevisión do Principado de Asturias emitiu un 10 % da programación en asturiano no primeiro semestre do ano
Segundo o director xeral en funcións da RTPA, no primeiro semestre do ano este ente emitiu en asturiano case 350 horas, o que supón un 10 % da programación.
Fonte: Asturies.com
Boletín
Subscríbase ao boletín