Asturias

A televisión pública do Principado comeza coas emisións dos programas elixidos na convocatoria de axudas para a produción en asturiano

A Radiotelevisión do Principado de Asturias comeza a emitir os sete programas seleccionados na convocatoria de subvencións para a produción en asturiano, cinco espazos televisivos e dous radiofónicos.

Fonte: Asturies.com

Asturias

O Centro de Terminoloxía Asturiana publica un manual de botánica

O Centro de Terminoloxía Asturiana (TermAst) da Academia da Lingua Asturiana publicou unha nova proposta terminolóxica. Trátase do manual Terminoloxía de Botánica, de Bertu Ordiales.

Fonte: 20 minutos

Asturias

Iniciativa pol Asturianu lamenta que Felipe VI non empregase a lingua asturiana no seu discurso de Nadal

A asociación Iniciativa pol Asturianu criticou que a lingua asturiana non estivese presente no discurso que o rei Felipe VI pronunciou este Nadal.

Fonte: La Voz de Asturias

Asturias

A Academia da Lingua Asturiana avoga por lograr a oficialidade do asturiano nesta lexislatura

Co gallo da celebración do seu cuadraxésimo aniversario, a Academia da Lingua Asturiana publicou un informe titulado Academia de la Llingua Asturiana: 40 años de compromisu con Asturies y la so llingua, que recolle o traballo realizado pola institución ao longo das súas catro décadas a prol do idioma e dos dereitos lingüísticos. Neste sentido, destacaron a importancia de que a reforma do Estatuto de Autonomía inclúa a súa oficialidade.    

Fonte: La Nueva España

Asturias

A partida dedicada ao asturiano no proxecto de lei de orzamentos do Principado para 2021 representa o 0,04 % do total

Malia que a partida para promoción do asturiano sobe ata 2.077.271 euros, o que supón 172.641 euros máis en comparación con este ano, continúa representando o 0,04 % do total.

Fonte: El Comercio

Asturias

Propóñenlles un decálogo de medidas para o uso do asturiano aos candidatos a reitor na Universidade de Oviedo

A Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana (XDLA) reuniuse cos dous candidatos a reitor para propoñerlles un decálogo de medidas para o uso do asturiano na Universidade de Oviedo, entre as que figuran a posta en marcha dun plan de normalización lingüística ou a posibilidade de examinarse e recibir coñecementos nesta lingua.  

Fonte: La Vanguardia

Asturias

Denuncian irregularidades no ensino da materia de Lingua Asturiana

Iniciativa pol Asturianu denunciou varias irregularidades en centros educativos, tanto públicos como concertados do Principado, como a falta de profesorado na materia de Lingua Asturiana.

Fonte: InfoAsturies

Asturias

A pandemia deixa en segundo plano o debate sobre a oficialidade do asturiano

O actual presidente do Principado, Adrián Barbón, parecía disposto a abrir o debate sobre a oficialidade do asturiano, pero a irrupción do coronavirus sacou da axenda política o tema da reforma do Estatuto de Autonomía para facela posible.

Fonte: Asturies.com

Asturias

Nace o primeiro xogo de rol en asturiano

Nos últimos meses apareceron algúns xogos en asturiano cunha moi boa acollida, entre elas o primeiro xogo de rol nesta lingua: Después d'ochobre. Proba do seu éxito é que esta versión superou en vendas á súa homóloga en castelán.

Fonte: El Comercio

Asturias

Néganlle a un alumno da Universidade de Oviedo o dereito a facer o traballo de fin de grao en asturiano

A Universidade de Oviedo negoulle a un estudante da Facultade de Historia o dereito a facer o traballo de fin de grao en asturiano. Malia que os docentes se mostraron favorables ao uso desta lingua, desde a administración negáronlle esta posibilidade.

Fonte: La Voz de Asturias

Asturias

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder